Xela Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xela Arias Castaño, nada en Lugo o 4 de marzo de 1962 e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003[1], foi unha poeta e tradutora galega, filla de Valentín Arias.

Índice

Traxectoria[editar]

De nena trasladouse cos seus pais a Vigo, onde estudou Filoloxía Hispánica. Estivo vinculada a Edicións Xerais desde o seu nacemento en 1979, traballando coma correctora de estilo e editora ata 1996.

Publicou en xornais e revistas coma Faro de Vigo, Jornal de Notícias de Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis e colaborou en publicacións coma Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou Boletín Galego de Literatura.

No ano 1986 foi finalista de dous premios, o Losada Diéguez coa súa primeira obra Denuncia do equilibrio, e o Esquío de poesía con Lili sen pistolas, obra aínda inédita. Traduciu a Jorge Amado, Camilo Castelo Branco, James Joyce, Fenimore Cooper e Wenceslao Fernández Flórez, entre outros.

"Tan intensas e punxentes como as súas arelas de liberdade, independencia e xustiza, eran nela o sentido e mais a práctica da solidariedade". Valentín Arias, pai da autora.

En 1994 tivo o seu único fillo, Darío.

Nos últimos anos de vida foi docente en distintos institutos da comarca de Vigo. Finou dun ataque ao corazón con corenta e un anos de idade.[2]

Obras[editar]

Poesía[editar]

Colectivas[editar]

Notas[editar]

  1. "Xela Arias, poetisa y traductora", obituario en El País, 4 de novembro de 2003 (en castelán).
  2. Paneis da exposición Mulleres galegas na historia, Concello de Redondela, maio de 2010.
  3. Alma de beiramar, obra íntegra en pdf.

Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]

Ligazóns externas[editar]