Camilo Gonsar
Camilo González Suárez-Llanos, chamado artisticamente Camilo Gonsar, nado en Sarria o 12 de agosto de 1931 e finado en Vigo o 9 de novembro de 2008, foi un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Despois de estudar o bacharelato en Vigo, cursou as carreiras de Filosofía e Dereito en Madrid, experiencia que retratou na súa primeira novela, Como calquera outro día, publicada en 1962. Viviu un tempo en Londres, onde realizou distintos traballos, algúns deles na hostalaría, e despois na Universidade de Syracusa (Nova York). Dende 1964 traballou como profesor de instituto (de filosofía) en Lugo, Barcelona, Cangas, Pola de Siero ou finalmente Vigo, onde residiu ata a súa xubilación e posteriormente.
O 14 de decembro de 2002 ingresou na Real Academia Galega, cun discurso titulado "Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo", que foi respondido por Xosé Luís Franco Grande.
[editar] Obra en galego
Gonsar foi incluído na corrente experimentalista e renovadora da Nova Narrativa Galega, en especial a partir da súa obra máis coñecida, Cara a Times Square (1980), onde o narrador conta o seu camiñar sen rumbo pola cidade de Nova York á noite.
[editar] Narrativa
- Lonxe de nós e dentro, 1961, Galaxia (relatos).
- Como calquer outro día, 1963, Galaxia (ed. revisada 2005 co título de Como calquera outro día) (novela).
- Cara a Times Square, 1980, Galaxia (novela).
- A desfeita (semirreportaxe), 1983, Xerais (novela). Premio da Crítica Española. Publicado en castelán como Debacle por Trea (Xixón) no 2003, traducida por Xavier Rodríguez Baixeras.
- Cemento e outras escenas, 1994, Nigra (narrativa).
- Arredor do non, 1995, Edicións do Cumio (narrativa).
- A noite da aurora, 2003, Galaxia (novela).
- Relatos completos 1961-1995, 2008, Galaxia (reúne a obra curta anterior, con limiar de Manuel Forcadela).
[editar] Ensaio
- Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo, 2002, Real Academia Galega.
[editar] Obras colectivas
- Sancho Panza na ínsua Barataria, de Miguel de Cervantes, 1977, Editorial Castrelos. Tradución con Lois Lustres e Xerardo R.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Sede central: relatos (3), 1997, Clube Cultural Adiante.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
[editar] Obra en castelán
[editar] Narrativa
- Luz del Príncipe-Sol (cuatro relatos de segundo grado), 1996, Nigra.