Emilio Tapia Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de Xeografía e Historia en Viveiro. Foi director de El Lucense, El Eco de Galicia e El Norte de Galicia e fundou El Correo de Lugo. Deputado provincial, foi vicepresidente e despois presidente da Deputación de Lugo e líder dos conservadores da provincia de Lugo. Foi académico fundador da Real Academia Galega.


Predecesor:
-
Escudo Diputación de Lugo.svg
Presidente da Deputación de Lugo

1915 - 1917
Sucesor:
José Benito Pardo Rodríguez

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cosas íntimas, 1903.