Roberto Verino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Roberto Mariño Fernández, nado o 3 de maio de 1945, máis coñecido como Roberto Verino, é un deseñador galego, de Verín, Ourense. Adquiriu os seus coñecementos en París, Francia, e en 1982 saca unha colección de prêt-à-porter de muller que tivo éxito, e dende aquela tivo sempre un oco dentro do mundo da moda. Paralelamente tamén creou o seu tecido empresarial de carácter internacional, tendo tendas de roupa en París, en Madrid, en Lisboa, así como tamén ten un perfume, Eau de Verino, ou produce viños, Terra do Gargalo, coa denominación de orixe de Monterrei.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]