Xosé González Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé González Martínez
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Teis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, coñecido na clandestinidade como Pepiño de Teis, e logo como Pepiño de Redondela[1], é un administrativo e intelectual galego, promotor do uso da lingua galega na xustiza e na administración. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende os 17 anos militou no nacionalismo galego, foi membro da dirección da UPG, onde era coñecido como Pepiño de Teis, e o seu máximo responsábel dende 1971 ata que foi expulsado o 7 de outubro de 1976.[2] Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo, e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vaamonde, Pablo (2017-03-27). "Xosé González, uno de los imprescindibles". Nuevatribuna (en castelán). Consultado o 2023-03-07. 
  2. Torna, Cilia (24 de setembro de 2014). "A prehistoria da UPG (LP) e do PGP". nosdiario.gal. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  3. "Danse a coñecer os nomes dos gañadores dos Premios Cultura Galega 2020 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-12-05. 
  4. C.R (2021-08-11). "Los Premios Alecrín destacan la impronta del gallego en Cataluña". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]