Xoán Manuel Pintos Villar
| Xoán Manuel Pintos Villar | |
|---|---|
| Nacemento: | 16 de decembro de 1811 O Burgo (Pontevedra) |
| Falecemento: | 29 de xuño de 1876 Vigo |
| Lingua: | Galego |
| Xénero(s): | Poesía, novela |
| Cónxuxe(s): | Serafina Amando Boullosa |
Xoán Manuel Pintos Villar, nado no Burgo (Pontevedra) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario galego. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno.
Os seus pais eran Basilio Pintos García e Ramona Villar Rodríguez, ambos naturais de Pontevedra. Estudou primeiro Humanidades na Coruña e máis tarde Dereito (dende 1829 a 1835) en Santiago de Compostela. Dende 1837 a 1840 traballou de avogado na Coruña, posteriormente, en 1840, foi nomeado xuíz de primeira instancia en Cambados polo goberno progresista. O ano seguinte casou con Serafina Amando Boullosa, coa que tivo catorce fillos. Logo de ser destituído como xuíz en 1844 polo goberno conservador e ata 1862 exerceu de avogado en Pontevedra. Finalmente, dende 1862, foi Rexistrador de Propiedade na cidade de Vigo. Colaborou cos xornais El País e La perseverancia, ambos os dous editados en Pontevedra.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1975.
[editar] Obras
|
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Obras de Xoán Manuel Pintos dispoñíbeis para lectura na Biblioteca Virtual Galega
- Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar, descargábel
| Predecesor: Xoán V. Viqueira Cortón |
Día das Letras Galegas 1975 Xoán Manuel Pintos Villar |
Sucesor: Ramón Cabanillas |
|
||||||||