Literatura galega
|
Serie de artigos sobre a
|
| Literatura galega |
|
|
A literatura galega é aquela que se escribe en lingua galega. En xeral, a historia e evolución do idioma galego desde o seu nacemento no século IX até hoxe é irregular, de tal xeito que a momentos de esplendor lle suceden outros de decadencia.
Índice |
Etapas da literatura galega [editar]
Podemos dividir as etapas da literatura galega da seguinte maneira:
Período Medieval (XII – XV) [editar]
- Artigo principal: Literatura galego-portuguesa medieval.
A literatura galego-portuguesa medieval é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Este é un período de esplendor xa que é cando a literatura galego-portuguesa acada un prestixio que vai ir perdendo nos séculos seguintes. A importancia que tivo a literatura en galego-portugués para a Península Ibérica pódese comparar á importancia da literatura occitana en Europa Central e do Mediterráneo.
- Véxanse tamén: Trobadorismo, Cantigas de Santa María e Prosa galega medieval.
Séculos Escuros (XVI - XVIII) [editar]
- Artigo principal: Literatura galega dos Séculos Escuros.
O idioma entra nunha etapa de absoluta decadencia a nivel literario, aínda que siga sendo a lingua oral máis empregada pola sociedade galega do momento.
Prerrexurdimento (1808 - 1863) [editar]
- Artigo principal: Literatura galega do Prerrexurdimento.
Hai unha primeira etapa de recuperación do prestixio da lingua galega tralos séculos de decadencia que sufriu.
Rexurdimento (XIX) [editar]
- Artigo principal: Literatura galega do Rexurdimento.
A lingua galega recupérase por completo coa chegada de moitos dos máis importantes escritores en galego: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal...
Intersecular [editar]
- Artigo principal: Literatura galega do período intersecular.
Con literatura galega do período intersecular referímonos á creación literaria producida durante o ocaso do século XIX e os albores do XX.
Século XX [editar]
- Artigo principal: Literatura galega do século XX.
O idioma ten pasado por momentos de estabilidade e outros de decadencia. O primeiro terzo do século XX ten sido de esplendor, sobre todo polo labor dos homes vinculados ás Irmandades da Fala, á Xeración Nós (Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco...) e ao Seminario de Estudos Galegos. Tras esta etapa de recuperación, volve de novo outra etapa escura debido á guerra civil española e á ditadura, que supuxeron o abandono da lingua a nivel escrito na Galiza a pesar de ser a lingua máis falada pola poboación; con todo, a chama da literatura seguiu acesa na Galiza exterior (o exilio americano, principalmente).
A partir dos 50 comeza unha leve recuperación, coa fundación da Editorial Galaxia e outros proxectos. Coa instauración da democracia, no ano 1978 aprobase a Constitución española, recoñecéselle ao galego o carácter de lingua cooficial xunto co castelán, manténdose unha situación de desequilibrio até o día de hoxe. Esta relativa protección da lingua galega, incrementada co Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística, axuda a que xurda unha nova etapa de recuperación da literatura nos máis variados xéneros, incluída a literatura infantil e xuvenil.
Literatura galega actual (XXI - actualidade) [editar]
- Artigo principal: Literatura galega actual.
Canto á creación literaria, non se acostuma falar dunha ruptura coa nova chegada do século, senón dunha continuación do labor das últimas décadas do século XX.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Francisco Fernández del Riego (1984). Historia da Literatura. 84-7154-462-8.
- Begoña Leal Gómez (2006). Historia da Literatura Galega. 978-84-934240-9-1.
Ligazóns externas [editar]
- Xesús M. Freire López, Historia da Literatura Galega
- Mariña Arbor Aldea, Literatura Galega
- Biblioteca Virtual Galega
- Numerosos textos literarios pertencentes á literatura galego-portuguesa medieval
- Pervivencias do teatro medieval galego
- Apuntamentos de Filoloxía Galega (USC)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa literatura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |