Idade Antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia (occidente)
Protohistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna
século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI
Pedra de Rosetta, singularísimo obxecto descuberto en 1799 e cuxo estudo permitiu o comezo do desciframento dos xeroglíficos exipcios, o que abriu o camiño a unha Historia Antiga desde novos supostos metodolóxicos.

A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións ou civilizacións antigas.

O concepto máis tradicional de Historia Antiga presta atención ao descubrimento da escrita, que convencionalmente a historiografía considerou o fito que permite marcar o final da Prehistoria é o comezo da Historia, dada a primacía que outorga ás fontes escritas fronte á cultura material, que estuda co seu propio método a Arqueoloxía. Outras orientacións procuran atender ao sistema social ou o nivel técnico. Recentemente, os estudos de xenética de poboacións baseados en distintas técnicas de análises comparativos de ADN e os estudos de antropoloxía lingüística están chegando a reconstruír dun xeito cada vez máis preciso as migracións antigas e a súa herdanza nas poboacións actuais.[1]

Sexa cal for o criterio empregado, coincide que en tempo e lugar uns e outros procesos cristalizaron no comezo da vida urbana (cidades moi superiores en tamaño e diferentes en función ás aldea neolíticas), a aparición do poder político (palacios, reis), das relixións organizadas (templos, sacerdotes), unha complexa estratificación social, esforzos colectivos de gran envergadura que esixen prestacións de traballo obrigatorio e impostos, e o comercio de longa distancia (todo o que se veu en chamar Revolución urbana);[2] nivel de desenvolvemento social que por primeira vez se acadou na Sumeria do IV milenio a. C., espazo propicio para a constitución das primeiras cidades-estado competitivas a partir do substrato neolítico que levaba xa catro milenios desenvolvéndose no crecente fértil.[3] A partir delas, e de sucesivos contactos (tanto pacíficos como invasións) de pobos veciños (culturas sedentario-agrícolas ou nómade-gandeiras que se nomean tradicionalmente con termos de validez cuestionada, máis propios de familias lingüísticas que de razas humanas: semitas, camitas, indoeuropeos, etc.), fóronse conformando os primeiros estados de gran extensión territorial, ata acadar o tamaño de imperios multinacionais.

Procesos semellantes tiveron lugar en diversos momentos segundo a área xeográfica (sucesivamente Mesopotamia, o val do Nilo, o subcontinente indio, China, a conca do Mediterráneo, a América precolombina e o resto de Europa, Asia e África); nalgunhas zonas especialmente illadas, algúns pobos cazadores-recolectores actuais aínda non abandonarían a prehistoria mentres que outros entraron violentamente na idade moderna ou contemporánea da man das colonizacións do século XVI ao XIX.

Os pobos cronoloxicamente contemporáneos á Historia escrita do Mediterráneo oriental poden ser obxecto da Protohistoria, pois as fontes escritas por romanos, gregos, fenicios, hebreos ou exipcios, ademais das fontes arqueolóxicas, permiten facelo.

A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude da civilización grecorromana (século V a.C ao século II d. C.) ou en sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a.C ao século V d. C.). Caracterizouse pola definición de innovadores conceptos socio-políticos: os de cidadanía e de liberdade persoal, non para todos, senón para unha minoría sostida polo traballo escravo; a diferenza dos imperios fluviais do Antigo Exipto, Babilonia, India ou China, para os que se definiu a imprecisa categoría de modo de produción asiático, caracterizadas pola existencia dun poder omnímodo na cúspide do imperio e o pago de tributos polas comunidades campesiñas suxeitas a el, pero de condición social libre (pois aínda que exista a escravitude, non representa a forza de traballo principal).[4]

O final da Idade Antiga na civilización occidental coincide coa caída do Imperio romano de Occidente (no ano 476; o Imperio romano de Oriente sobreviviu toda a Idade Media ata 1453 como Imperio bizantino), aínda que tal descontinuidade non se observa noutras civilizacións. Xa que logo, as divisións posteriores (Idade Media e Idade Moderna) poden considerarse válidos só para aquela; mentres que a maior parte de Asia e África, e con moita máis claridade América, son obxecto na súa historia dunha periodización propia.

Algúns autores culturalistas fan chegar a Antigüidade tardía europea ata os séculos VI e VII, mentres que, a escola "mutacionista" francesa esténdea ata algún momento entre os séculos IX e XI. Distintas interpretacións da historia pon o acento en cuestións económicas (transición do modo de produción escravista ao modo de produción feudal, desde a crise do século III); políticas (desaparición do imperio e instalación dos reinos xermánicos desde o século V); ou ideolóxicas, relixiosas (substitución do paganismo politeísta polos monoteísmos teocéntricos: o cristianismo -século IV- e posteriormente o islam -século VII-), filosóficas (filosofía antiga pola medieval) e artísticas (evolución desde o arte antiga -clásico- cara ao arte medieval -paleocristián e prerrománico-).[5]

As civilizacións da Antigüidade son agrupadas xeograficamente pola historiografía e a arqueoloxía en zonas en que distintos pobos e culturas estiveron especialmente vinculados entre si; aínda que as áreas de influencia de cada unha delas chegaron en moitas ocasións a mesturarse e ir moito máis lonxe, formando imperios de dimensións multicontinentais (o Imperio persa, o de Alexandre Magno e o Imperio romano), talasocracias ('goberno dos mares') ou rutas comerciais e de intercambio de produtos e ideas a longa distancia; aínda que sempre limitadas polo relativo illamento entre elas (obstáculos dos desertos e océanos), que chega a ser radical nalgúns casos (entre o Vello Mundo e o Novo Mundo). A navegación antiga, especialmente a natureza e extensión das expedicións que necesariamente tiveron que realizar as culturas primitivas de Polinesia (polo menos ata a Illa de Pascua), é un asunto aínda polémico. Nalgunhas ocasións recorreuse á arqueoloxía experimental para probar a posibilidade de contactos con América desde o Pacífico. Outros conceptos de aplicación discutida son a prioridade do difusionismo ou do desenvolvemento endóxeno para determinados fenómenos culturais (agricultura, metalurxia, escritura, alfabeto, moeda, etc.) e a aplicación do evolucionismo en contextos arqueolóxicos e antropolóxicos.

Pobos, culturas e civilizacións na Idade Antiga[editar | editar a fonte]

Tableta de arxila sumeria con escritura cuneiforme de finais do III milenio a.C. A innovación da escritura é de tal magnitude para o desenvolvemento da civilización que se identifica coa historia mesma.

Próximo Oriente antigo[editar | editar a fonte]

Mesopotamia antiga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Mesopotamia.

A desembocadura do Tigris e o Éufrates (os dous ríos -pótamos- no medio -meso- dos cales desenvolveuse este espazo de civilización) na Baixa Mesopotamia deu orixe á acumulación de depósitos aluviais na zona de marismas que vai gañando paulatinamente terreo ao mar fronte á costa en retroceso do Golfo Pérsico (actualmente a máis de cen quilómetros do lugar que ocupaba no IV milenio a. C., e cos dous ríos confluíntes -Shatt al-Arab-). A zona foi propicia (coa condición de manter unha gran capacidade de organización social para o traballo colectivo na construción de obras hidráulicas como canalizacións), regadío e drenaxes, para o desenvolvemento das cidades-estado sumerias (Ur, Uruk, Eridu, Lagash). Estas, en competencia entre si e cos pobos nómades de estepas e desertos circundantes (os do sur e oeste englobados pola historiografía no amplo concepto étnico de semitas e os do leste na zona irania onde se foi formando a civilización elamita), así como cos núcleos que se foron formando máis ao norte (Babilonia) e máis ao norte aínda na Alta Mesopotamia (Nínive); foron desenvolvendo as características constitutivas da civilización (sociedade complexa) e o estado (superestrutura político-ideolóxica): templo, clase sacerdotal e relixión organizada, fronteira, guerra territorial, exército, propaganda, impostos, burocracia, monarquía, construcións como murallas e cigurats; e o trazo que marca o inicio da historia: o rexistro da memoria na escritura.

A dinámica do crecemento territorial levou á formación de imperios, que na súa pretensión de monopolizar o poder, describíanse a si mesmos como un continuo espacial "entre o mar pequeno e o mar grande" (o Golfo Pérsico e o Mediterráneo), en enumeracións máis ou menos fiables de pobos anexionados, destruídos, dispersados, rexeitados, sometidos, tributarios, ou simplemente socios comerciais, aliados ou contactos diplomáticos.

Persia antiga[editar | editar a fonte]

Escultura dun animal fantástico. Persépolis.
Artigo principal: Historia de Irán.

Cordilleiras, mesetas, estepas e desertos caracterizan un difícil medio físico entre o Éufrates ao leste, o Golfo Pérsico ao sur, o Indo ao leste e os Montes Elburz, o Mar Negro e o río Oxus ao norte. No entanto, tamén son a vía terrestre que conecta o Próximo Oriente co Asia Central e o Asia Meridional (máis dificilmente, sendo máis usada a conexión marítima); e a través desas zonas, en última instancia, co Extremo Oriente. A extensa rexión persa ou irania cumpriría un papel crave na teoría indoeuropea, de debatida validez, que supuña a existencia dun grupo ancestral de pobos das estepas portadores de trazos comúns (lingüísticos, étnicos, culturais e ata de estrutura de pensamento), esencialmente gandeiros (outorgaban un gran valor a vacas, cabalos e cans), de estrutura social patriarcal, xerarquizada e triádica (visible mesmo no seu panteón de deuses[6]), que protagonizaron unha xigantesca expansión que incluiría a conquista da India polos arios; a de Europa polos predecesores de gregos, latinos, celtas, xermanos e eslavos; e a de Mesopotamia, Anatolia, Levante e Exipto por medos e persas.

Anatolia e Armenia antigas[editar | editar a fonte]

Creseida de prata. Moeda emitida polo rei Creso de Lida (século VI a.C.

A península de Anatolia, vía terrestre entre Asia e Europa, da que a separa o estreito do Bósforo e as numerosas illas do Exeo, coas que sempre mantivo un continuo cultural (do que son mostra os aqueos e troianos do mito homérico), estivo no corazón das innovacións da revolución neolítica e a revolución urbana, desenvolvendo estados poderosos que entraron en relación e competencia cos mesopotámicos e ata cos exipcios. Cara ao norte, a costa do Mar Negro (o Ponto para gregos e romanos), acollía mitos como o do vélaro de ouro que se achaba na Cólquida. A cordilleira do Cáucaso pona en contacto coas afastadas chairas eurasiáticas.

Artigo principal: Linguas anatólicas.
Artigo principal: Historia de Armenia.
Artigo principal: Historia de Anatolia.

Levante mediterráneo antigo[editar | editar a fonte]

Ánforas fenicias achadas en Puerto de Mazarrón (sueste de España).

A zona costeira máis oriental do Mediterráneo, pola súa localización entre África e Asia e as súas favorables condicións físicas, actuou como un "corredor" entre o mar e o deserto, moi compartimentado, aínda que con vales fluviais de dirección norte-sur (os do Xordán e o Orontes), que posibilitou as comunicacións terrestres entre África, Asia e Europa. Ese papel cumpriuse desde o Paleolítico e o Neolítico (Xericó), e acentuouse coas primeiras civilizacións. Os grandes imperios de Exipto, Mesopotamia e Anatolia tiveron nesta zona a súa zona de contacto xeoestratéxico. O contexto crítico de finais do II milenio a.C. permitiu que se desenvolvesen potentes civilizacións locais de forte personalidade e influencia no desenvolvemento histórico posterior (trazos como o alfabeto ou o monoteísmo), cunha proxección moi superior á súa extensión xeográfica ou poboación.

Artigo principal: Levante mediterráneo.
Artigo principal: Fenicios.
Artigo principal: Arqueoloxía bíblica.
Artigo principal: Terra Santa.

Siria, Xordania e Arabia antigas[editar | editar a fonte]

Vista de O Tesouro desde o desfiladeiro. Petra.

Entre o Tigris e o Monte Líbano comeza unha vasta zona desértica que se estende cara ao sur ata a península Arábiga. Supón un obstáculo insalvable para o desenvolvemento da agricultura máis aló de pequenas zonas de oasis moi dispersos, excepto na zona do Iemen (Arabia Felix -Arabia Feliz-). As actividades económicas que se desenvolveron e permitiron a formación dunha peculiar civilización foron, xa que logo, a gandería nómade e as lucrativas rutas caravaneiras do comercio a longa distancia que conectaban todas as partes do mundo antigo a través dos portos do Mar Vermello, o golfo de Adén e o Golfo Pérsico (abertos ao Océano Índico -navegación ata a India e Indonesia-, ao leste de África -onde a relación con Eritrea e Etiopía foi moi estreita- e á costa oriental de Exipto -Berenice-), e cidades do interior como Damasco, Petra ou Palmira (que conectaban co Levante mediterráneo).

Val do Nilo antigo[editar | editar a fonte]

Mapa do Antigo Exipto

Exipto é un don do Nilo (Heródoto), pois poucas civilizacións tiveron unha relación tan determinante cun río. A súa crecida anual permite a fertilidade e a altísima densidade de poboación dunha estreita franxa que percorre o despoboado deserto norteafricano (desertizado no período postglacial) desde as cataratas do sur ata o delta do norte. A dualidade entre o Alto Exipto e o Baixo Exipto forxou, sobre unha sociedade campesiña extraordinariamente estable e vinculada polo traballo colectivo nas obras hidráulicas, unhas institucións e unha cultura caracterizadas pola sacralización da figura do faraón, a fortaleza dos templos, unha eficaz burocracia e unha complexa relixión do máis aló. Dentro dunha gran continuidade ao longo de milenios (que ás veces se interpretou como homoxeneidade ou ata estereotipación, con escasísimas excepcións -o período de Amarna-), mantívose unha repetida dialéctica entre a unidade e a disgregación no devir cíclico das fases da historia exipcia, con períodos de esplendor e de crise.

Mediterráneo e Europa antiguos[editar | editar a fonte]

Grecia antiga[editar | editar a fonte]

O Partenón, Atenas, século V a.C É o edificio máis representativo da cultura helena, a súa construción foi ordenada polo político grego Pericles, custou aproximadamente trinta millóns de dracmas, o equivalente a unha cifra astronómica de diñeiro, aínda para os estándares modernos. Consiste nunha obra mestra de arte e arquitectura, como tamén de enxeñería: a súa estrutura resistente; os recursos da perspectiva e a súa decoración, utilizados (as) na súa estética, fano merecedor de tal título.
Artigo principal: Antiga Grecia.

Hélade é o concepto xeográfico e cultural que abarcaba na Antigüidade clásica o territorio habitado polos gregos ou helenos, máis amplo que a actual Grecia, e que comprendería o territorio continental europeo que vai desde o Peloponeso o sur ata unha difusa separación con Macedonia, Tracia e Épiro ao norte; ademais das illas do mar Exeo e do Mar Xónico e a costa occidental da actual Turquía (Xonia) ata o Helesponto. Tamén se asimilaban ao concepto de Hélade as colonias gregas establecidas por todo o Mediterráneo; e tamén podían entenderse próximos a el os extensos territorios das monarquías helenísticas de Exipto e o Próximo Oriente, que en maior ou menor medida foran helenizados.

Véxase tamén: Logógrafo, Heródoto e Tucídides.

Illas do Mediterráneo antigo[editar | editar a fonte]

Moitos mitos gregos situábanse en costas ou illas situadas nun indefinido «extremo Occidente» (Vulcano -Hefesto-, Traballos de Hércules -Heracles, Columnas de Hércules, Gerion, Atlas-, Atlántida, Xardín das Hespérides, Odisea -Cíclopes, Lestrigones, Sereas, Escila e Caribdis, Ogigia, Lotófagos-); outros situabanse en dirección menos clara, ou máis ben no Mediterráneo oriental (cara ao Mar Negro -a Cólquida das viaxes de Xasón, os Argonautas e o Vélaro de ouro-, o sur do Exeo -a Creta de Minos, Dédalo, Ícaro, e o Minotauro vencido polo ateniense Teseo; ou do rapto de Europa- ou o Chipre do nacemento de Afrodita).

Chipre antigo
Illas do Mediterráneo Occidental antigo
Templo élimo de Segesta, en Sicilia.

África Noroccidental antiga[editar | editar a fonte]

Europa Occidental antiga[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Britania, Galia, Xermania, Hispania romana, Provincia romana e Linguas paleohispánicas

Italia e Roma antigas[editar | editar a fonte]

Molde de cadáver humano e obxectos diversos de Pompeia.
Artigo principal: Pobos antigos de Italia.
Artigo principal: Roma Antiga.

O Imperio romano tivo un impacto moi superior á súa propia extensión espacial (case 6 millóns de quilómetros cadrados, xa de seu unha das maiores entre os imperios de todos os tempos)[7]. e á súa duración temporal (do 27 a.C. ao 476 d.C. en Occidente e ata o 1453 en Oriente); por ser a institución política e a formación económico social decisiva para a conformación da civilización occidental, que en boa medida pode considerarse unha pervivencia súa. A través dela perviviron os seus conceptos xurídicos e institucionais (dereito romano, municipio romano, provincia romana, senado romano...), artísticos e culturais (arte e cultura clásica, urbanismo romano, vía romana, teatro romano, termas, acuedutos...) e o propio idioma (o latín). A romanización foi un proceso que tivo moito de sincrético, posto que incorporaba trazos culturais dos pobos conquistados. Moi especialmente identificouse coa civilización grega, á que Roma recoñecía como superior á súa propia, excepto en cuestións políticas e militares (Ex Oriente Lux, Ex Occidente Dux).[8] No seu período final, a achega xudeocristiana foi decisiva.

Balcáns e Europa Oriental antigos[editar | editar a fonte]

Base do Obelisco de Teodosio en Constantinopla, a Nova Roma creada na antiga colonia grega de Bizancio, nunha localización de excepcional valor estratéxico. Aparece o seu corte imperial presidida por un crismón. Tras a crise do século III que inicia unha secular transición do esclavismo ao feudalismo, o Baixo Imperio romano desenvolveu a nova estrutura política do Dominado coas reformas de Diocleciano, se cristianizou a partir do edicto de Milán de Constantino (313) e dividiuse entre un Occidente ruralizado e sometido ás invasións xermánicas do século V e un Oriente que resistiu e prolongouse durante toda a Idade Media convertido en Imperio bizantino.

Eurasia Setentrional antiga[editar | editar a fonte]

Asia Central e Meridional antigas[editar | editar a fonte]

Representación moderna dunha pasaxe do Mahabharata (Guerra de Kurukshetra), xunto ao texto en sánscrito.

As estepas do Asia Central tiveron historicamente unha estreita relación (dialéctica de pobos nómades e sedentarios) coa chaira do Indostán, e esta co a Península do Decán. A conexión por terra co Oriente Medio a través dos desertos de Irán foi, en cambio, máis comprometida, mentres que a navegación polo Mar Arábigo permitiu rutas máis fluídas. No entanto, todas elas foron experimentadas, ás veces no transcurso da mesma expedición, como foi o caso da de Alexandre o Grande (326 a.C).

Buda de estilo Gandhara (século I).

Extremo Oriente antigo[editar | editar a fonte]

Inscrición antiga en carácteres chineses sobre caparazón de tartaruga.

O illamento xeográfico desta zona está marcado polas máis altas cordilleiras do mundo: o Himalaia, o Altai, o Hindu Kush, o Tian Shan, o Pamir e o Caracorum; e algúns dos máis extensos e secos desertos: o Taklamakan e o Gobi. Ata as comunicacións marítimas entre India e China son dificultosas (exposición aos monzóns, prolongada navegación pola interposición da península de Indochina e a península de Malaca que obriga a cruzar por zonas como o estreito de Sunda ou o estreito de Malaca). Aínda así, existiron contactos, como testemuña a continuidade de rutas comerciais e a difusión de tecnoloxías, alfabetos e relixións (o hinduísmo ao Sueste asiático e o budismo no Tibet, China e Xapón). No entanto, a dificultade dese contacto percibíase como resultado dunha viaxe de dimensións míticas (Viaxe o Oeste).

Figura de finais do período Jomon (Xapón, do X milenio a.C. ao século III a.C.).

África Subsahariana antigua[editar | editar a fonte]

Xinete de terracota. Cultura Nok (actual Nixeria).

O deserto do Sahara e as dificultades do curso superior do Nilo supuxeron dúas formidables barreiras xeográficas que provocaron unha descontinuidade cultural moi importante entre o Norte de África e o África Subsahariana. No entanto, foron o suficientemente permeables como para permitir o contacto mediante rutas caravaneiras coa zona do río Níxer e o Golfo de Guinea, e o contacto a través do Mar Vermello con Eritrea e Etiopía, zonas fortemente vinculadas á Península Arábiga. O caso especial de Madagascar é consecuencia da procedencia da poboación malgache, relacionada a través do Océano Índico con outras poboacións malaio-polinesias.

América antiga[editar | editar a fonte]

Norteamérica e Mesoamérica antigas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de América do Norte.
Artigo principal: Cronoloxías de Mesoamérica.

Caribe antigo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Caribe.

Sudamérica antiga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Sudamérica.

Oceanía antiga[editar | editar a fonte]

Mapas e cronoloxía da Idade Antiga[editar | editar a fonte]

Extensión das distintas civilizacións cara no ano 300.

Formacións históricas en torno ao espazo mediterráneo[editar | editar a fonte]

Século ou Milenio Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Exipto Levante e Asia Menor Mesopotamia Irán e Asia Central
V milenio a. C. Neolítico (prehistórico)

Cerámica cardial

Período predinástico de Exipto Período do Obeid
IV milenio a. C. Neolítico

(prehistórico)

Cultura dos sepulcros de fosa

Período protodinástico de Exipto Período de Uruk

Período Yemdet Nasr

Período de Uruk

Período Yemdet Nasr

Civilización proto-elamita
III milenio a. C. Civilización cicládica

Civilización minoica

Cultura do vaso campaniforme

(prehistórica)

Calcolítico (prehistórico)

Cultura do vaso campaniforme

Megalitismo

Los Millares

Período arcaico de Exipto

Imperio Antigo

Primeiro Período Intermedio

Imperio acadio Período Dinástico Arcaico

Cidades sumerias

Imperio acadio

Renacemento sumerio

Civilización proto-elamita

Imperio acadio

Renacemento sumerio

Milenio II a. C. Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Exipto Levante e Anatolia Mesopotamia Irán e Asia Central
século XX a. C. Civilización minoica Idade do Bronce (prehistórica) Imperio Medio Hititas Imperio asirio Elam
Século XIX a. C. Civilización minoica El Argar

(prehistórica, Sueste)

Imperio Medio Imperio asirio Imperio asirio Elam
Século XVIII a. C. Civilización minoica Cultura dos Motillas

(prehistórica, Meseta Sur)

Imperio Medio

Segundo Período Intermedio

Hititas

Hurritas

Alepo

Imperio babilónico Elam
Século XVII a. C. Civilización minoica Cogotas I

(prehistórica, Meseta Norte)

Segundo Período Intermedio

Hicsos

Hititas

Hurritas

Alepo

Imperio babilónico Elam
Século XVI a. C. Civilización minoica Vila Nova (prehistórica, Desembocadura do Teixo) Segundo Período Intermedio

Imperio Novo

Hititas

Mitanni

Mitanni

Kassitas

Elam
Século XV a. C. Civilización minoica

Micénicos

Cultura dos Terramaras

(prehistórica)

Atalaia (prehistórica, Suroeste) Imperio Novo Hititas

Mitanni

Imperio Novo

Mitanni

Kassitas

Elam
Século XIV a. C. Civilización minoica

Micénicos

Cultura dos Terramaras

(prehistórica)

Cultura pretalaiótica (prehistórica, Baleares) Imperio Novo Hititas

Imperio Novo

Imperio medio asirio Elam
Século XIII a. C. Micénicos

Pobos do Mar

Cultura dos Campos de Urnas

Pobos itálicos

(osco-umbros, latino-faletos,

vénetos, etc.;

prehistóricos)

Cultura talaiótica (Baleares)

(prehistórica)

Imperio Novo

Pobos do Mar

Hititas

Imperio Novo

Pobos do Mar

Batalla de Qadesh

Imperio medio asirio Elam
século XII a. C. Idade Escura

Dorios

Pobos itálicos

(prehistóricos)

Cultura dos Campos de Urnas

(prehistórica, Noreste)

Imperio Novo Frixia

Lidia

Hititas

Fenicios

Filisteos

Arameos

Imperio medio asirio

Arameos

Elam

Imperio medio asirio

Século XI a. C. Idade Escura

Xonios

Pobos itálicos

(prehistóricos)

Fundación de Cádiz

(protohistoria)

Imperio Novo

Terceiro Período Intermedio de Egipto

Frixia

Lidia

Fenicios

Reino de Israel

Arameos

Arameos Elam
I milenio a. C. Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Exipto Levante e Anatolia Mesopotamia Irán e Asia Central
Século X a. C. Idade escura Pobos itálicos

(prehistóricos)

Idade de Ferro (prehistórica e protohistórica) Terceiro Período Intermedio de Egipto Frixia

Lidia

Fenicios

Reino de Israel

Reino de Xudá

Arameos Elam
Século lo IX a. C. Idade Escura Galos

Etruscos

Pobos itálicos

(prehistóricos e protohistóricos)

Preiberos

Celtas

Colonización fenicia

Fundación de Cartago

Tercer Período Intermedio de Egipto Frixia

Lidia

Fenicios

Reino de Israel

Reino de Xudá

Imperio novo asirio Imperio novo asirio
Século VIII a. C. Época arcaica

Primeira Olimpiada

Homero

Colonización griega

Liga xonia

Galos

Etruscos

Fundación de Roma

Colonias griegas

Celtas

Colonias griegas

Colonias fenicias

Iberos

Tartessos

Colonización fenicia

Cartago

Terceiro Período Intermedio de Exipto

Imperio novo asirio

Frixia

Lidia

Catividade de Nínive

Imperio novo asirio

Urartu

Imperio novo asirio Elam

Imperio medo

Século VII a. C. Época arcaica

Tiranías

Lexisladores griegos

Etruscos

Monarquía romana

Samnitas

Magna Grecia

Celtas

Colonias griegas

Colonias fenicias

Iberos

Tartessos

Colonias fenicias

Cartago

Terceiro Período Intermedio de Egipto

Imperio novo asirio

Período tardío de Exipto (Saíta)

Frixia

Lidia

Imperio asirio

Imperio neobabilónico

Fenicios

Imperio novo asirio

Imperio neobabilónico

Imperio novo asirio

Imperio neobabilónico

Imperio medo

Século VI a. C. Época arcaica

Tiranías

Democracia ateniense

Imperio aqueménida

Etruscos

Samnitas

Monarquía romana

República romana

Magna Grecia

Celtas

Colonización griega

Iberos

Tartessos

Imperio cartaxinés

Batalla de Alalia

Imperio cartaxinés

Período tardío de Exipto (Saíta)

Imperio aqueménida

Cativerio de Babilonia

Imperio neobabilónico

Imperio aqueménida

Imperio neobabilónico

Imperio aqueménida

Imperio aqueménida
Século V a. C. Imperio aqueménida

Revolta xonica

Guerras Médicas

Século de Pericles

Liga de Delos

Liga do Peloponeso

Guerra do Peloponeso

Etruscos

Samnitas

República romana

Magna Grecia

Celtas

Colonización griega

Imperio cartaxinés

Iberos

Imperio cartaxinés Imperio aqueménida Imperio aqueménida Imperio aqueménida Imperio aqueménida
Século IV a. C. Batalla de Queronea

Imperio de Alexandre

Etruscos

Sitio de Veies

Guerras samnitas

República Romana

Magna Grecia

Celtas

Colonización griega

Imperio cartaxinés

Iberos

Imperio cartaxinés Sitio de Gaza

Imperio de Alexandre

Batalla do Gránico

Batalla de Issos

Sitio de Tiro

Imperio de Alexandre

Batalla de Gaugamela

Imperio de Alexandre

Sitio da Rocha Sogdiana

Imperio de Alexandre

Século III a. C. Reino de Macedonia

Reino de Epiro

Liga Aquea

Liga Etolia

Guerras Pírricas

Imperio cartaxinés

Guerras Púnicas

República romana

Pobos prerromanos

Colonias griegas

Imperio cartaxinés

Guerras Púnicas

República Romana

Imperio cartaxinés

Guerras Púnicas

República romana

Dinastía Tolemaica Imperio seléucida

Reino de Pérgamo

Imperio seléucida Imperio seléucida

Partos

Grecobactrianos

Reino Indogriego

Século II a. C. Reino de Macedonia

Reino de Epiro

Liga Aquea

Liga Etolia

Guerras Macedónicas

República romana

República romana Celtiberos e Lusitanos

Sitio de Numancia

República romana

Cántabros e Astures

República romana

Reino de Numidia

Reino de Mauritania

Dinastía Tolemaica Reino de Pérgamo

Reino de Armenia

Reino do Ponto

Macabeos

Nabateos

Imperio seléucida

Partos

Partos

Grecobactrianos

Reino Indogriego

Século I a. C. República romana

Alto Imperio Romano

República romana

Alto Imperio Romano

República romana

Cántabros e Astures

Guerras cántabras

Alto Imperio Romano

República romana

Alto Imperio Romano

Reino de Numidia

Reino de Mauritania

Dinastía Tolemaica

Batalla de Actium

Alto Imperio Romano

Guerras Mitridáticas

República romana

Alto Imperio Romano

Nabateos

Partos Partos

Tocarios

Indogriegos

I milenio Grecia Península Itálica Península Ibérica Noroeste de África Egipto Levante y Anatolia Mesopotamia Irán y Asia Central
Século I Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano

Reino de Numidia

Reino de Mauritania

Alto Imperio romano Alto Imperio romano

Primeira Guerra Xudeo-Romana

Nabateos

Partos Partos

Tocarios

Indogriegos

Século II Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Alto Imperio romano Partos

Alto Imperio romano

Partos

Imperio Cuxano

Século III Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano Baixo Imperio romano

Imperio de Palmira

Baixo Imperio romano

Imperio de Palmira

Imperio sasánida

Baixo Imperio romano

Imperio de Palmira

Imperio sasánida

Imperio Cuxano

Século IV Imperio Romano de Oriente Imperio Romano de Occidente Imperio Romano de Occidente Imperio Romano de Occidente Imperio Romano de Oriente Imperio Romano de Oriente Imperio sasánida

Imperio Romano de Oriente

Imperio sasánida

Imperio Cuxano

Século V Imperio Romano de Oriente Caída do Imperio Romano de Occidente

Ostrogodos

Invasións xermánicas

Reino suevo

Reino visigodo de Tolosa

Reino vándalo de África Imperio romano de Oriente Imperio romano de Oriente Imperio sasánida

Imperio romano de Oriente

Imperio sasánida

Heftalita

Estados en torno ao Mediterráneo cara ao ano 180 antes de Cristo.
Mediterráneo Occidental (sometido a Roma tras as Guerras Púnicas):      República Romana, coa cidade de Roma, os territorios da península itálica sometidos a diferentes consideracións xurídicas e de cidadanía, e as súas provincias en Sicilia, Sardeña, Córsega, Hispania e Dalmacia     Reino de Mauritania     Reino de Numidia     República Cartaxinesa Mediterráneo oriental:
-Exipto:      Imperio ptolemaico -Grecia:      Reino de Epiro       Reino de Macedonia      Liga Etolia      Liga Aquea -Asia menor e Mar Negro:      Rodas      Reino do Bósforo      Reino de Capadocia      Galatia     Reino de Bitinia      Reino de Pérgamo      Reino de Armenia      Reino do Ponto -Levante, Mesopotamia e Asia Central:      Imperio Seléucida      Partos      Reino Grecobactriano      Imperio Mauria
Estados en torno ao Mediterráneo cara ao ano 40 antes de Cristo, tras a Segunda Guerra Civil da República de Roma (entre César e Pompeio).

Tabla cronolóxica por continentes[editar | editar a fonte]

Cronoloxía Europa África Asia América Oceanía
Europa Occidental Europa Oriental Norte de África Oriente Próximo Extremo Oriente Norteamérica Sudamérica Australia Pacífico
Imperio persa
Imperio romano Imperio sasánida

Ficción[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

William Shakespeare compuxo varias obras teatrais con ambientación na Antigüidade: The Tragedy of Julius Caesar (A traxedia de Xullo César (en galego)), Antony and Cleopatra (Antonio e Cleopatra), Coriolano, Titus Andrónicus, etc. Cervantes fixo o propio en El cerco de Numancia (O cerco de Numancia (en galego)); pero foi máis usual no teatro clásico francés: Pierre Corneille (Horacio, Cinna, etc.) e Jean Racine (La Thébaïde -A Tebaida (en galego)-), Andrómaca, Fedra, etc.), a partir do cal -e baseándose en modelos clásicos e en textos antigos de Terencio e Plauto- fixáronse as convencións académicas que fixaron o modelo do teatro neoclásico do século XVIII.

A novela histórica xurdida no romanticismo tivo na Idade Media o seu principal escenario (véxase medievalismo), pero tamén se buscou a ambientación en distintas civilizacións da Idade Antiga.

Moitas das novelas adaptáronse ao cine ou a televisión:

O éxito editorial dos temas históricos multiplicou a aparición de best sellers do xénero, sobre todo os relacionados coa historia militar de Roma.[11]

Cine[editar | editar a fonte]

A adaptación de mitos da idade antiga deu orixe a un xénero cinematográfico especial: Troia, Clash of the Titans (Furia de titáns (en galego)), Jason and the Argonauts (Xasón e os argonautas (en galego)), etc., así como o cine bíblico: The Ten Commandments (Os dez mandamentos (en galego)) (de Cecil B. DeMille, 1923 e 1956), Solomon and Sheba (Salomón e a raíña de Saba), Samson and Delilah (Sansón e Dalila), etc.

Tamén distintas adaptacións dos evanxeos: (The Greatest Story Ever Told (A historia máis grande xamais contada (en galego)), The Robe (A túnica sacra), The Passion of the Christ (A Paixón de Cristo (en galego)), etc.

Co nome de peplum (do grego "πεπλον" -peplo-) desígnase a un subxénero cinematográfico en que a ambientación na Antigüidade é unha simple escusa para unha película de aventuras de baixo orzamento na que os anacronismos e outras incongruencias á historia son abundantes (Hércules, de 1958, e Ercole, Sansone, Maciste e Ursus gli invincibili (Hércules, Sansón, Maciste e Ursus), de 1964). As características do xénero propiciou a realización de numerosas secuelas e parodias.

Artigo principal: Peplum.

Tanto estas como as de maior nivel popularmente recibiron o nome de «películas de romanos» (aínda que fosen ambientadas na época grega ou calquera outra época antiga), e o seu visionado nos «cines de barrio» de sesión continua e dobre programa, ou nos cines de verán tivo un notable papel na educación sentimental da mocidade desde finais dos anos cincuenta ata os setenta, reflectido en obras como as de Terenci Moix (exiptómano e mitómano en concreto de Elizabeth Taylor, actriz que representou a Cleopatra). Joaquín Sabina ten unha canción titulada Una de romanos, caracterizada pola nostalxia da mocidade pasada.

Televisión[editar | editar a fonte]

Historieta[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Prehistoria
Idade Antiga
IV milenio a. C.476
Sucesor:
Idade Media

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Un dos principais autores é Luigi Luca Cavalli-Sforza. A divulgación das conclusións de cada un dos estudos adoita dar problemas, ao presentarse con titulares xornalísticos sensacionalistas:La patria se lleva en los genes. Un grupo de investigadores descubre la asombrosa coincidencia del mapa de mutaciones y el geográfico de Europa, El País, 26/11/2008; abusos contra los que suelen advertir los propios genetistas: No hay razas. Desde el punto de vista de la genética, sólo vemos gradientes geográficos (Lluis Quintana-Murci, del Instituto Pasteur de París, citado por Gary Stix Huellas de un pasado lejano, en Investigación y Ciencia, setembro 2008, ISSN 0210136X pax. 19).
  2. Termo acuñado por Gordon Childe, op. cit.
  3. Termo acuñado por James Henry Breasted. Albert Clay The so-called Fertile Crescent and Desert Bay
  4. Perry Anderson, op. cit.
  5. Edward Gibbon, Fustel de Coulanges e Perry Anderson (op. cit.); Henri Pirenne Mahoma e Carlomagno.
  6. Véxase Deidades triplas ou Tríades indoeuropeas e Hipótese trifuncional
  7. (en inglés) Bruce Gordon (2005).
  8. (en castelán) Sven-Tage Teodorsson:EX ORIENTE LUX, EX OCCIDENTE DUX: GREGOS, CARTAGINESES E ROMANOS EN CONTACTO E CONFLITO
    "¡Ex oriente lux!" Dise que con esta exclamación saudaban os romanos ao sol cando se elevaba sobre as montañas samnitas. A expresión fíxose unha frase soada universal, usada se cadra por casualidade en sentido orixinal, pero case sempre simbólicamente para suxerir que a nosa cultura occidental provén no fondo de Oriente.
  9. Véxase tamén Escuela francesa de Extremo Oriente
  10. Historia universal Salvat-El País (tomo 3: «Emigraciones en el Océano Pacífico»), páx. 142, ISBN 84-345-6232-4.
  11. Artigo sobre o asunto en El País, 17 de xaneiro de 2009. Cita tres exemplos de recente aparición: Centurión (de Simon Scarrow. Barcelona: Edhasa, 2008), O aguia da Novena Lexión (de Rosemary Sutcliff. Barcelona: Plataforma, 2008) e César, as cinzas da República (de Gisbert Haefs. Barcelona: Edhasa, 2008).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Idade Antiga

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]