Dacios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dacia durante o reinado de Berebistas, no 82 a. C.

Os dacios (lat. Daci, gr. Dákai) foron os antigos habitantes de Dacia (que corresponde á actual Romanía) e partes de Moesia no sueste de Europa.

Falaban o dacio, o cal non foi identificado con certeza, mais ten vencellos co tracio e albanés.
A primeira vez que se lles menciona é nas fontes romanas, pero de maneira unánime os autores clásicos consideran aos dacios unha tribo dos xetas, un pobo tracio coñecido dende a Grecia antiga polos escritos.
Estrabón especificou que os dacios eran os xetas que vivían na área da Chaira panónica e Transilvania, mentres que os propios xetas gravitaban na costa do mar Negro, en (Escitia Menor).

Poboación dos dacios[editar | editar a fonte]

A súa poboación era ao redor de 2.000.000 habitantes, estimación dada polas fontes contemporáneas acerca dos 200.000 efectivos reunidos na mobilización total do seu exército. Normalmente, o número de tropas equivale a un 1/10 do total da poboación.

Artigos principais: Berebistas e O reinado de Berebistas.
Artigos principais: Decébalo e O reinado de Decébalo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]