Atón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atón desplegando os seus raios sobre Akhenatón e a súa familia

Atón é o nome grego do deus exipcio Iten.

Representado polo disco solar, e orixinalmente un aspecto de Ra, converteuse en obxecto do primeiro culto monoteísta (de feito, monístico) coñecido, no Imperio Novo, no coñecido como revolución ou período amárnico instaurado por Amenofis IV, quen tomou o nome de Akhenatón. Aparentemente, este culto cesou pouco despois da morte deste faraón volvendo o culto dos deuses tradicionais durante o goberno de Tutankhamón (famoso polo achado do seu enterramento por parte de Howard Carter).

Considerouse o creador do home e dos animais, e o espírito que alenta o mundo.

Iconografía[editar | editar a fonte]

Nos primeiros tempos representouse como un home con cabeza de falcón, despois como disco solar do que saen varios raios con mans estendidas cara os fieis.

Culto a Atón[editar | editar a fonte]

Data do Imperio Antigo. Thutmosis IV e Amenhotep III rendéranlle culto, mais non foi un culto monoteísta ata a reforma relixiosa do faraón Amenhotep IV, que se rebautizou como Akhen-Atón no século XIV a. C.

O seu templo principal estaba en Akhetatón, a actual Tell el-Amarna.

Gran parte do clero opúxose ao culto único a Atón e os exipcios seguiron reverenciando aos seus antigos deuses. Trala morte do faraón declarouse de novo o politeísmo, destruíndose posteriormente moitos dos vestixios da época do faraón Akhenatón.

O Himno a Atón, gravado nun muro da tumba de Jeperjeperura Ay, e escrito por Akhenatón, é un dos máis fermosos expoñentes literarios da cultura faraónica.

Nome en xeroglífico[editar | editar a fonte]

i t
n
N5
i t
U15
Aa13
A40

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Atón