Hipócrates

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Hipócrates

Hipócrates de Cos, nado no século V a.C. e finado no século IV a.C., é un dos pais da medicina moderna.

[editar] Traxectoria

Naceu en Cos, pequena illa do Exeo, do arquipélago das Espóradas, segundo se deduce polo ano -460 e viviu en Grecia. Non hai que confundilo con Hipócrates de Quíos, matemático grego do século V antes de Cristo, e que naceu na illa de Quíos, non moi lonxe da de Cos.

Fillo de Heráclito e neto de Hipócrates, ambos os dous médicos e mestres de Hipócrates, designado como "o grande". Ós 13 anos comezou os seus estudos de medicina que lle abriron as portas do templo dos Asclepiades (de Asclepio, deus mitolóxico da medicina). Logo viaxou a Exipto para rematar a sua formación. Deixou unha obra composta por 53 escritos que foi recollida polos seus discípulos no Corpus hippocraticum. Foi autor do Tratado do prognóstico e de Aforismos, entre outras obras. Pai indiscutido da medicina moderna, o seu mérito fundamental foi o de desenvolver un sistema racional baseado na observación e na experiencia para o estudo das doenzas cuxas causas atribuía a fenómenos naturais e non a intervencións dos deuses ou a fenómenos de tipo máxico-relixioso. Indubidábel xenio da medicina naturista, a el atribúese o coñecido Xuramento Hipocrático.

O contido deste artigo incorpora material dunha entrada da Enciclopedia Libre Universal, publicada en castelán baixo a licenza GFDL.

[editar] A medicina hipocrática

Descríbese o corpo humano como unha asociación dos catro humores: flegma (auga), bile amarela (lume), bile negra (terra), e sangue (aire). A doenza desenvólvese por unha perda do equilibrio destes humores. O mantemento da saúde efectúase a través da dieta e a hixiene. Estas ideas persisten durante a Idade Media e o Renacemento

Ferramentas persoais