Mar Xónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Xónico

O Mar Xónico (en italiano Mar Ionio , en grego Ιóνιo Πελαγoς, en albanés Deti Ion) é un brazo do mar Mediterráneo, ao sur do mar Adriático. Está limitado a oeste pola Italia meridional, incluíndo a Calabria e máis Sicilia, e a leste polo sur da Albania e polo noroeste da Grecia, en especial as Illas Xónicas.

[editar] Xeografía

Vista satélite

O mar Xónico separa a península italiana e a Sicilia a oeste da Albania e da Grecia a leste. Xúntase ao mar Tirreno polo Estreito de Messina e ao mar Adriático polo canal de Otrante.

Deu o seu nome ás Illas Xónicas, arquipélago ao largo da Albania do Sur e da Grecia. Engloba o golfo de Tarento na Italia do Sur.

[editar] Historia

Na Antigüidade, os colonos gregos pasaban polo mar Xónico de camiño da Magna Grecia (a península italiana).

Era o principal mar onde se comerciaba entre Grecia e Antiga Roma na antigüidade.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas