Protohistoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade do Ferro
  Bronce Final  
  Bronce Medio
  Bronce Antigo
Idade do Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico Superior  
    Paleolítico Medio
    Paleolítico Inferior
  Paleolítico
Idade da Pedra


A Protohistoria é un período da historia da humanidade posterior á prehistoria e anterior á historia propiamente dita.

Acepcións[editar | editar a fonte]

Atopanse dúas acepcións:

  • Segundo a escola francesa, unha sociedade pertence a a Protohistoria cando, a pesar de ser unha cultura ágrafa, tense noticias escritas sobre ela mediante fontes indirectas: p.e., a cultura de La Tène e Hallstatt respecto dos escritores clásicos.
  • Segundo a escola inglesa, as sociedades protohistóricas son aquelas en transición cara á cultura escrita, á súa vez, en proceso de formación dun Estado; en Europa, xa que logo, faría referencia á Idade dos metais.

Idade do Ferro[editar | editar a fonte]

A protohistoria adoita relacionarse coa Segunda Idade do Ferro, por ser esta a última fase da prehistoria. Dentro do período protohistórico en Europa desenvolvéronse numerosas entidades políticas semicentralizadas, que coincidiron co inicio da escritura e da metalurxia. Esas civilizacións produciron documentos epigráficos breves e posteriormente crónicas extensas, considerándose ese punto Historia antiga.

Historia (occidente)
Protohistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna
século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI

Protohistoria Europea[editar | editar a fonte]

Aplicase, sobre todo, á Idade do bronce e boa parte da do Ferro na área occidental de Europa.

Fontes de estudo[editar | editar a fonte]

As fontes para o seu estudo son case na súa totalidade arqueolóxicas, aínda que tamén se posúen tradicións orais. Tendo en conta que os milenios que van desde a invención da escritura (en distintos focos en todo o mundo, dos que Oriente Próximo foi o primeiro) ata a súa difusión por todo o mundo (particularmente para Europa e a conca do Mediterráneo no caso citado), poden utilizarse as fontes escritas por gregos, fenicios, hebreos ou exipcios para o estudo dese período en Europa (milenios IV a.C. ao I a.C.) e eses lugares, que propiamente non entraran na Historia.

Na Península Ibérica[editar | editar a fonte]

Pobos protohistóricos presentes na Península Ibérica
Colonias protohistóricas na Península Ibérica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]