Estreito de Malaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Map of the Strait of Malacca-de.jpg

O estreito de Malaca é un longo estreito de mar do sueste de Asia localizado entre a costa occidental da península Malaia e a illa indonesia de Sumatra, que constitúe un importante corredor marítimo que une, ao norte, o mar de Andamán, mar secundario del océano Índico, e ao sur mar da China Meridional. Esténdese en dirección SE-NO e ten aproximadamente 800 km de lonxitude, cunha anchura de entre 50 km e 320 km, aínda que só 2,8 km no seu punto máis angosto, el estreito de Philips, no estreito de Singapur. Na súa parte media atópase a súa profundidade mínima o que condiciona o calado dos buques que o atravesan (proximidades de Port Kelang, One Fathom Bank). Na súa parte sueste comunica co estreito de Singapur e está pechado por varias illas do arquipélago de Riau, realizándose a navegación por varias canles de paso.

Importancia económica[editar | editar a fonte]

Desde unha perspectiva económica e estratéxica, o estreito de Malaca é unha das rutas de navegación máis importantes do mundo. O estrecho é a principal canle de transporte marítimo entre o océano Índico e o Pacífico, unindo as principais economías asiáticas India, China, Xapón e Corea do Sur. Máis de 50.000 buques pasan polo estreito cada ano[1] levando aproximadamente unha cuarta parte do comercio mundial de mercadorías, salientando o petróleo, as manufacturas chinesas ou o café indonesio.[2]

Arredor dunha cuarta parte do total do petróleo transportado por mar pasa de una cuarta parte del total de petróleo transportado por mar pasa a través do estreito, principalmente dos aprovisionadores do golfo Pérsico cara aos mercados asiáticos como China, Xapón e Corea do Sur. Así en 2006 estímase nuns 15 millóns de barrís por día (2.400.000 m³/d) transportados polo estreito.[3]

O buques que cumpren as dimensións máximas para navegar polo estreito de malca denomínanse malaccamax, o estreito non é o suficientemente fondo (uns 25 metros ou 82 pés) para permitir que algúns dos buques máis grandes, a maioría dos petroleiros, suficientemente profundo (unos 25 metros o 82 pies) para permitir que que pasen algúns de los más grandes buques (la mayoría de los petroleros). Os buques meirandes adoitan utilizar como alternativas o estreito de Lombok, o de Macassar, o pasaxe de Sibutu e o estreito de Mindoro. Na canel de Phillips, preto de Singapur, o estreito de Malaca redúcese a 2,8 km de anchura, formando un dos estrangulamentos de tráfico máis importantes do mundo.[4]

Riscos para a navegación[editar | editar a fonte]

A piratería é un dos principais riscos para a navegación no estreito, coñecida xa desde o século XIV [5]. Na época contemporánea a piratería aumentou desde finais da última década do século XX, con 25 ataques contra buques 1994, 220 en 2000, e 150 en 2003 pero tras unha acción conxunta das armadas de Malaisia, Indonesia e Singapur en 2004 os ataques diminuíron, 79 en 2005 e 50 en 2006.[6]. Outro risco son os restos de naufraxios, deles trinta e catro representan un risco de colisión nos estreitos e zonas de augas superficiais[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strait of Malacca - World Oil Transit Chokepoints, Energy Informatin Administration, U.S. Department of Energy
  2. Freeman, Donald B. (2003). The Straits of Malacca: Gateway or Gauntlet?. McGill-Queen's University Press. ISBN 0773525157..
  3. World Oil Transit Chokepoints, Energy Information Administration, US Department of Energy
  4. World Oil Transit Chokepoints
  5. Freeman, Donald B. (2003) Straits of Malacca: Gateway Or Gauntlet?, McGill-Queen's Press, p. 175
  6. Piracy down 3rd year in row: IMB report", Journal of Commerce Online; 23 de xaneiro de 2007.
  7. 34 wrecks in sealane threaten passing ships The Star