Aldea
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aldea (homónimos).
Unha aldea é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación. As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.
Cita de Castelao sobre as aldeas en Sempre en Galiza:
Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España atópense en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes vencellados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país.[1]
Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara as cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con 1 a 3 veciños.[2]
[editar] Refraneiro popular
- A aldea Dio-la dea.
- A aldea empobrece, embilece e embrutece.
- A peneira de María a tola anda a aldea toda.
- Comprar a ricos na vila e vender a probes na aldea non é pra ter a casa chea.
- Mozo de vila, regalo de aldea, Dios che llos de a quen os *desea.
- O da aldea, pola cidá non pasea.
- Padriño de voda e alcalde de aldea, quen queira ser que o sea.
- Parente na aldea, pra quen o desea.
- Páxaro na aldea e *reloj na poboación é unha equivocación.
- Por mal que che va, vive na cidá. A aldea Dio-la dea.
- Vale máis can da vila que rico da aldea.
[editar] Notas
- ↑ Microtoponimia, artigo de Manuel Bragado en Xornal.com.
- ↑ IGE, La Voz de Galicia, 8.07.2008.