Monoteísmo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O monoteísmo é a crenza na existencia dun único Deus. O Cristianismo, o Islam e o Xudaísmo son relixións monoteístas. Segundo esta crenza, Deus significa algo supremo, relacionado con ideas e conceptos filosóficos, distinto dun ser persoal con atributos antropomórficos, nomes, e mesmo etnia. O monoteísmo contrasta co politeísmo que é a crenza na existencia de varios deuses. As relixións monoteístas adoitan oporse abertamente ao politeísmo.