Minos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Alí está Minos», A Divina comedia (Inferno, canto V, liña 4). Ilustración de Gustave Doré

Minos (en grego Μίνως), segundo a mitoloxía grega, rei de Creta, cuxa esposa, Pasífae, é a nai do Minotauro. Era fillo de Zeus coa princesa Europa. Despois de morto, descendeu ao mundo subterráneo onde se tornou un dos xuíces dos mortos.

No inferno de Dante, Minos escoita as confesións dos mortos e asígnaos a un círculo e subcírculo específico de acordo coa falta máis grave relatada.