Terencio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Publius Terentius Afer ou Terencio, foi un autor de comedias durante a república Romana. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero segundo Suetonio, morreu no 169 a.C. á idade de trinta e cinco anos. As súas comedias estreáronse entre 170 e 160 a. C. Escribiu seis obras, conservándose todas elas. O seu predecesor no xénero, Plauto, escribira arredor de 130 obras, das cales se conservan vinte e unha.