Xava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Illa de Xava")
Xava
Vista da illa
Java Topography.png
Datos
Capital Iacarta
País Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Sonda
Linguas Xavanés
Poboación (2005) 124.000.000 hab.
Superficie 138,794 km²
Densidade 979 /km²
Coordenadas 7°30′10″S 111°15′47″E / 7.50278°S 111.26306°E / -7.50278; 111.26306
Maior Altura 3.676 m. Semeru
Localización
Localización da illa

Xava (En indonesio: Jawa), é unha illa de Indonesia. Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de Madura, que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A capital de Indonesia, Iacarta, está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios hindú- budistas, sultanatos islámicos, o centro colonial das Indias Orientais Neerlandesas, e foi o centro da campaña pola independencia Indonesia. A illa domina a vida social, política e económica indonesia.

Conta con tres linguas principais, aínda que o xavanes é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son bilingüe, co Indonesio como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é musulmá, Xava ten unha mestura diversa de crenzas relixiosas, etnias e culturas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os volcáns Monte Semeru e Bromo en Xava Oriental

Xava é a 13ª illa máis grande do mundo e a quinta illa máis grande de Indonesia, atópase entre Sumatra ao oeste e Bali ao leste. Borneo atópase ao norte e a Illa de Nadal ao sur. Xava está rodeado polo Mar de Xava no norte, o Estreito de Sunda no oeste, o Océano Índico no sur e o Estreito de Bali e Estreito de Madura no leste .

Xava é case na súa totalidade de orixe volcánica, contén trinta e oito montañas que forman unha columna vertebral de este a oeste, e que nun momento ou outro foron volcáns en estado activo. O volcán máis alto de Xava é o monte Semeru (3676 m). O volcán máis activo de Xava e tamén de Indonesia é o Monte Merapi (2968 m).

As montañas máis altas axudan a dividir o interior nunha serie de rexións relativamente illadas adecuadas para o cultivo do arroz; os arrozais de Xava atópanse entre os máis ricos do mundo. Xava foi o primeiro lugar onde cultivouse o café de Indonesia a partir de 1699. Hoxe en día, o Café arabico cultívase na meseta de Ijen en pequenas e grandes plantacións.

A superficie de Xava é de aproximadamente 139.000 km². O río máis longo da illa é o río Solo de 600 km de longo. O río nace na súa fonte no centro de Xava no volcán Lawu, e logo flúe cara ao norte e cara ao leste ata a súa desembocadura no Mar de Xava preto da cidade de Surabaya.

A temperatura media en todo o ano é de 22° C a 29° C e a humidade media do 75%. As chairas costeiras do norte son xeralmente máis quentes, media de 34° C durante o día na estación seca. A costa sur é xeralmente máis fría que o norte, e as zonas altas do interior son tamén máis frescas. A tempada de choivas comeza en outubro e finaliza en abril durante a cal a choiva cae principalmente nas tardes e de forma intermitente durante o resto do ano. Os meses máis chuviosos son xaneiro e febreiro.

Xava Occidental, é máis húmida que Xava Oriental e as rexións montañosas reciben precipitacións moito máis altas. As terras altas de Parahyangan en Xava Occidental, reciben máis de 4.000 mm anuais, mentres que a costa norte de Xava Oriental, recibe 900 mm anuais.

Humana[editar | editar a fonte]

Os destinos turísticos máis populares inclúen a cidade de Yogyakarta, un gran monumento budista en forma de pirámide coñecido como Borobudur e o templo hindú máis grande de Xava, o Prambanan.

Parahyangan as terras altas preto de Buitenzorg, ca. 1865-1872

.

Administración[editar | editar a fonte]

Xava divídese en 4 provincias:

1 rexión especial * (istimewa daerah):

1 ** capital especial do distrito da cidade (ibukota khusus daerah):

Java map.png
O perfecto Buda Borobudur.