Crecente Fértil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

O Crecente Fértil é unha rexión histórica no Oriente que abrangue o Antigo Exipto, o Levante, e Mesopotamia. A expresión "Crecente Fértil" foi creada polo arqueólogo da Universidade de Chicago James Henry Breasted en 1906 para describir o arco xeográfico formado polas áreas xeográficas do Próximo Oriente que van desde Elam e Mesopotamia ao leste, até Exipto e Nubia ao oeste, e chegando ao sur do Cáucaso e da Anatolia e á Siria.

Hoxe en día prefírese non empregar esta denominación, xa que mestura indebidamente culturas heteroxéneas e non se corresponde coas visións do mundo que tiñan os habitantes destas culturas.

Bañado polos ríos Nilo, Xordán, Éufrates e Tigris e cubrindo unha superficie de entre 400.000 e 500.000 km², a rexión esténdese desde a costa oriental do Mediterráneo a través do norte do Deserto de Siria e polo Jazirah e Mesopotamia ata o Golfo Pérsico. Estas áreas correspóndense cos actuais Exipto, Israel, Palestina e Líbano e partes de Xordania, Siria, Iraq, sueste de Turquía e sudoeste de Irán. A poboación actual é de 40 a 50 millóns de persoas.

Este mapa amosa a extensión do Crecente Fértil.

O Crecente Fértil ten un arquivo impresionante de actividade humana pretérita. Ademais de existir varios xacementos con restos óseos e culturais do home pre-moderno (e.g. na cova de Kebara en Israel), de cazadores-recolectores do Plistoceno tardío e de cazadores-recolectores semisedentarios do Epipaleolítico (os Natufianos), esta área é máis coñecida polos seus xacementos relacionados coas orixes da agricultura. A zona occidental arredor dos ríos Xordán e Éufrates superior veu nacer os primeiros asentamentos agrícolas neolíticos coñecidos (denominados Neolítico precerámico A), que data de hai uns 11.000 anos (e inclúe xacementos como o de Xericó). Esta rexión, ao longo de Mesopotamia (que está ao leste do Crecente Fértil, entre os ríos Tigris e Éufrates), tamén veu a irrupción das máis antigas sociedades complexas durante a Idade de Bronce. Tamén nesta rexión hai evidencia antiga de escritura e da formación de sociedades estatais. Isto fíxolle gañar a esta rexión o sobrenome de "O berce da Civilización."

Desde a Idade de Bronce, a fertilidade natural da rexión ampliouse grandemente mediante obras de irrigación, das que segue a depender gran cantidade da súa produción agrícola.

Sendo como son tan cruciais no crecemento da civilización no Crecente Fértil, os ríos non foron o único factor da precocidade da zona. O Crecente Fértil tiña un clima que propiciaba a evolución de moitas plantas anuais, que producen máis sementes comestíbeis cás perennes, e a tremenda variedade de elevación da rexión deu pé a antigos experimentos de cultivo de moitas plantas comestibeis. O máis importante, o Crecente Fértil posuía os proxenitores salvaxes das oitos especies importantes na agricultura antiga (isto é: os proxenitores salvaxes de dúas variedades de trigo, cebada, liño, garavanzo, chícharo, lentella, ervella amarga), e de catro das cinco especies máis importantes de animais domesticados - vacas, cabras, ovella, e porcos - e a quinta especie, o cabalo, vivía nas súas proximidades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]