Arte paleocristiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Good shepherd 01 small.jpg


Denomínase arte paleocristiá ó estilo artístico que se desenvolve na Europa Occidental durante os cinco primeiros séculos da nosa era como consecuencia da aparición dunha nova relixión, o cristianismo durante a época romana.

A nova arte vai herdar do mundo clásico a necesidade de dar forma antropomórfica á idea do divino contrariamente ó xudaísmo que non concibe a representación de Deus polo que ó primeiro o cristianismo vai recorrer a formas simbólicas e alegóricas procedentes do mundo clásico ata atopar o seu propio modo de expresión. As primeiras mostras da arte paleocristiá son tecnicamente pobres, centrado no significado máis que na forma, cun fondo sentido espiritual, e ata o ano 313 determinado pola persecución do cristianismo que facía que fose en parte unha arte subterránea, confinada nas catacumbas. Logo do edito de Milán de Constantino os cristiáns comezaron a construír basílicas para o culto, xeralmente dividido en tres zonas: o patio aberto e porticado ós pés da igrexa, o nartex e a cabeceira.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Pódense diferenciar tres períodos:

  • Etapa preconstantiniana (33 ata o 313): dende o nacemento do cristianismo ata o edito de Milán trátase dunha arte figurativa que busca enganar o transfundo cristián que representa, para así evitar a persecución á que se viron sometidos os primeiros cristiáns. As obras mais importantes desta etapa atópanse nas catacumbas.
  • Etapa Constantiniana (313 ata o 350): Coincide co goberno de Constantino dende o edito de Milán ata poucos anos despois da súa morte.
  • Etapa posconstantiniana (350 ata o século V): Destacando nesta etapa a arquitectura.