Partenón
Coordenadas: 37°58′16″N 23°43′33″E / 37.97111°N 23.72583°E O Partenón (en grego: Παρθενων) é a construción máis famosa da Grecia antiga que permaneceu até hoxe en día. A súa edificación foi unha homenaxe á deusa Atenea, patroa da cidade de Atenas.
É o máis admirado dos templos gregos e o maior de todo o mundo helénico. Construíuse na Acrópole de Atenas en substitución do que fora destruído no saqueo persa entre o 447 e 438 a.C., por Ictino e Calícrates. Á parte da escultura, executada por Fidias e mailos seus discípulos, levou máis de sete anos en concluír. O templo está feito de mármore do Pentélico, agás os alicerces, e realizouse en estilo dórico (aínda que o friso interior e máis algúns pequenos detalles sexan xónicos). O perístilo ten 17 columnas de cada lado e 8 nos extremos (máis dúas do que se adoitaba naquel tempo). Na cella atopábase a famosa estatua de Athena Parthenos, de Fidias. As 92 métopas do friso exterior representan a loita dos Centauros cos Lapitas, a Xigantomaquia, a Amazonomaquia e outros combates; o pedimento do lado nacente, o nacemento de Atenea, e o do lado poñente, a loita entre a deusa e Poseidón pola pose da cidade; o friso exterior, a procesión das Panateneas, cos deuses a observala. O edificio, en que foron aplicados todos os requintes da éntase, mantívose case intacto até 1687, data en que unha explosión de pólvora gardada nel, durante a guerra entre turcos e venecianos, destruíu a cobertura. O pedimento e as métopas foron apropiados por Lord Elgin e vendidos ao Museo Británico, en 1816; outras foron para o Museo do Louvre, conservándose algunhas in loco.
Proxecto [editar]
O edificio foi construído por iniciativa de Pericles, líder político ateniense do século V aC, e a súa construción foi supervisada por Fídias, quen ademais encargouse das esculturas decorativas. Os arquitectos do Partenón foron Ictinos e Calícrates. A súa construción comezou no ano 447 a.C. sendo rematado no 438 a.C., aínda así os traballos de decoración non remataron ata o ano 433 a.C. Algúns datos sobre os gastos da construción sobreviviron ata actualidade, éstes demostraron que o maior gasto da construción deuse no transporte da pedra dende o Monte Pentélico, a uns 16 km preto de Atenas. O orzamento da obra, preto de 2.000 talentos, cifra colosal para a época, proviña da Liga de Delos, cuxos tesouros foran transferidos do Santuario de Delos á acrópole no ano 454 aC. A pesares de que o Templo Hefesto considérase o máis completo supervivente da orde dórica, o Partenón constitúe o máis refinado. Segundo JJ Norwich:
Véxase tamén [editar]
|
||||||||