Historia do Xapón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia do Xapón

Paleolítico
Jomon
Yayoi
Período Yamato
---Período Kofun
---Período Asuka
Período Nara
Período Heian
Período Kamakura
Período Muromachi
Período Azuchi-Momoyama
---Período Nanban
Período Edo
Período Meiji
Período Taisho
Período Showa
---Expansionismo xaponés
---Ocupación xaponesa
---Post-ocupación xaponesa
Heisei

Prehistoria[editar | editar a fonte]

As investigacións arqueolóxicas indican que o Xapón xa estaba ocupado por seres humanos durante o período paleolítico. Durante as eras glaciais, estivo conectado ao continente asiático, o que facilitou a migración para o arquipélago xaponés.

Coa fin da última era glacial, xurdiu a cultura Jomon por volta de 11000 a.C., caracterizada por un estilo de vida semi-sedentario, coa subsistencia baseada en colleita e caza. Durante este período fabricáronse as máis antigas cerámicas do mundo. Considérase que eses pobos Jomon son os devanceiros dos xaponeses e dos ainus. A partir do 300 a.C. comeza o período Yayoi, marcado polas tecnoloxías de cultivo de arroz e irrigación, traído por migrantes da Corea, China e outras partes da Asia.

Comezo da monarquía[editar | editar a fonte]

A familia imperial xaponesa mantense de forma continua no trono desde o principio do período monárquico, no século VI a.C.. Os emperadores trazan a súa ancestralidade ata o mítico reinado de deuses sobre a terra, dos cales serían descendentes. O Emperador Jinmu é o primeiro mortal da liñaxe imperial.

Na práctica, unha migración de familias probabelmente coreanas (cos que a lingua xaponesa está emparentada) ou chinesas (das que deriva a súa escrita) para o Xapón, ocorrida pouco antes, formou comunidades suficientemente grandes e culturalmente identificadas entre si que se xuntarían baixo un monarca nos moldes do sistema político dos seus países natais. A partir de entón, o poder imperial estenderíase aos pobos nativos pola asimilación ou conquista militar.

Feudalismo[editar | editar a fonte]

A acumulación de grandes extensións de terra en mans de particulares posibilitou o ascenso dos administradores locais, os Daimyo. A medida que se quitaban as súas terras das listas de impostos, aumentaba a renda desa clase social. Gradualmente, os administradores comezaron a repelir a interferencia de funcionarios provinciais e centrais, e crearon forzas propias para manter a orde nas súas áreas. Así, o século X foi de completa desorde. Os aristócratas de Quioto non tiñan poder algún para facer cumprir as ordes fóra da capital, xa que os antigos exércitos dexeneraran e os novos tornáranse unha especie de asilo onde os nobres ben relacionados ocupaban sinecuras. Nalgúns lugares, o propio pobo armábase para se protexer. Os "oficiais de pacificación" designados polo poder central pouco podian facer, pois non contaban co apoio local. Acelerouse a fragmentación do poder. En 1156 unha disputa sucesoria trouxo os guerreiros rurais para a capital, onde se estabeleceron.

As grandes ligas de guerreiros eran mandadas por familias que se consideraban de ascendencia imperial. Era práctica enviar os fillos máis novos do imperador ao campo, cando non había máis lugar para eles na corte; por determinación dos códigos, debían mudar de nome despois de seis xeracións; así, no século X, os guerreiros afiliáronse a dúas grandes ligas, lideradas polas familias Minamoto e Taira, que se dicían imperiais. A loita irrompeu en Quioto en 1156 e 1159. A primeira guerra - a da era Hoje - foi provocada por unha disputa sucesoria, despois da morte do imperador Toba, que tentou levar ao trono o seu cuarto fillo Goshirakawa en vez de permitir que o seu fillo máis vello, Konoe, permanecese como emperador. Venceron os partidarios de Goshirakawa e os líderes da oposición foron executados. Goshirakawa reinou ata 1158, cando se retirou, comezando a segunda guerra.

Unificación[editar | editar a fonte]

No século XVI aínda perduraba a desorde e a desfragmentación no Xapón, que chegou a ter, de 1335 a 1392, dúas cortes imperiais. Mais, ao fin do século XVI, alcanzara unha unificación substancial, ou polo menos a pacificación. Iso foi obra de tres grandes xenerais: Oda Nobunaga, Toyotomi Hideyohi e Tokugawa Ieyasu. Homes de grande capacidade militar, crearon unha base estábel para o exercicio da administración Tokugawa, que durou ata 1867.

Imperialismo Xaponés[editar | editar a fonte]

En 1868 foi restaurado o poder imperial no Xapón, subtraendo aos xoguns o poder feudal que existía desde o século XII. Subiu ao trono o novo imperador Mitsuhito, coñecido polo nome de Meiji. A Era Meiji (1868-1912), como ficou coñecida, representou un período de grandes mudanzas na historia do Xapón.

Completadas as reformas internas, o goberno decidiuse a alcanzar unha condición de igualdade coas potencias occidentais. Unha reforma dos tratados, con vistas a extinguir os privilexios xudiciais e economicos gozados polos estranxeiros, foi tentada desde o inicio, mais as potencias envolvidas rexeitaron tratar do asunto ata que as institucións legais xaponesas se equiparasen ás occidentais. Os asuntos asiáticos ocuparon un lugar secundario na política externa dos primeiros anos, mais xa no comezo da década de 90 tornábase clara a preponderancia chinesa en Corea, o que alarmaba a Toquio. En 1894, unha rebelión na Corea foi esmagada con apoio dos chineses. O Xapón enviou tropas ao país veciño e, cesada a crise, rexeitou retiralas. As hostilidades sino-xaponesas comezaron no mar, e despois a loita transferiuse para a Corea. Vitorioso en todas as batallas, o Xapón impuxo un tratado humillante ao adversario, mais as potencias europeas rexeitaron aceptar a Toquio como socio na repartición das riquezas da China. Alemaña, Francia e Rusia forzaron os xaponeses a devolver a península de Liaotung, tomada á China, en troca dunha indemnización. En 1889, Rusia forzou a China a cederlle a referida península, coa súa importante base naval de Port Arthur.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

En 1937, o chamado “incidente chinés” - a China pasaba pola súa revolución nacionalista - practicamente colocou o poder no Xapón en mans dos militares. O incidente comezou co ataque xaponés a unidades chinesas na Ponte Marco Polo, preto de Pequín. A seguir, as tropas xaponesas ocuparon Nanquín, Hangchow e Cantón. A esa altura, o Xapón xa facía parte do chamado Eixo, a través do Pacto Anti-Komintern coa Alemaña e máis tarde coa Italia. Eses acordos foron substituídos polo Pacto Tripartito de setembro de 1940, polo cal as potencias do Eixo recoñecian o Xapón como líder dunha nova orde na Asia.

Ataque a Pearl Harbor - O ataque xaponés á base norte-americana de Pearl Harbor, no Hawai, o 7 de decembro de 1941,leva os Estados Unidos a declararen a guerra ao Eixo e leva o conflito a case todo o mundo. En xuño de 1942 o Xapón xa ocupa a Indochina Francesa e ten a supremacía naval no Pacífico. Deseguida, toma Hong-Kong, Malasia, Singapur, as Indias Orientais Holandesas, Borneo, Filipinas, Andamás e Birmania. As dúas faccións belixerantes están definidas: os países do Pacto Anticomintern (o Eixo) Alemaña, Italia e Xapón contra os Aliados Inglaterra, Estados Unidos, Unión Soviética e China. A China xa se atopa en guerra contra o Xapón desde 1931.

En agosto de 1945, finalmente, as bombas atomicas lanzadas sobre Hiroshima e Nagasaki e a entrada da URSS na guerra asiática forzaron a rendición. O acto formal foi asinado o 2 de setembro de 1945, na Baía de Toquio, a bordo do acoirazado norteamericano “Missouri”.

Independencia e Reestruturación[editar | editar a fonte]

Logo nos primeiros anos de paz, o Xapón procurou reconstituír a súa economía, a pesar dalgunhas cláusulas restritivas contidas no tratado de rendición. Estas, porén, foron gradualmente revocadas, e o país reencontrou o camiño da prosperidade. A restauración da independencia, en 1952, ocorreu nun momento en que a economía nacional presentaba uns elevados índices de expansión. Ese progreso acentuaríase ata o final da década de 1960, cando o país mantivo, por máis de dez anos consecutivos, as máis altas taxas de crecemento do mundo.

Períodos da Historia[editar | editar a fonte]

Eís aqui un exemplo de categorización de períodos da Historia Xaponesa.

Historia do Xapón

Datas

Período

Subperíodo

Gobernante Principal

prehistoria –
circa 300 AC

(prehistoria –
circa 1000 – 900 AC)

Jomon


Descoñecido

circa 300 AC –
250 DC

(circa 1000 – 900 AC –
250 DC)

Yayoi


Descoñecido

circa 250
538 DC

Período Kofun ou Yamato

Kofun

Goberno Imperial Yamato perto de Nara (máis tarde Quioto)

538710 DC

Asuka

710794

Nara


7941185

Heian


11851333

Kamakura


Xogunato Kamakura

13331336

Restauración Kemmu


Imperador do Xapón

13361392

Muromatchi

Nanboku-cho

Xogunato Axicaga

13921573

inicio
Período Sengocu

15731603

Azutchi-Momoyama

tardio
Período Sengocu

16001867

Edo


Xogunato Tokugawa

18681912

Meiji


Imperador Meiji (Mutsuhito)

19121926

Taicho


Imperador Taisho (Yoshihito)

19261945

Showa

Expansionismo

Imperador Hirohito

19451952

Xapón durante a Ocupación

19521989

Post -Ocupación

1989 – presente

Heisei(Presente)


Imperador Akihito