Sedentarismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sedentarismo é o establecemento dunha poboación humana nun lugar fixo indefinidamente, ao revés dos nómades que desprazan o seu fogar dun lugar a outro. Hoxe en día case a totalidade dos seres humanos son sedentarios.

Comezo[editar | editar a fonte]

O sedentarismo empeza hai 10 mil anos aproximadamente en Mesopotamia e China desde onde se estende aos demais continentes. Hai 10 mil anos o comezo da desglaciación, os continentes quentáronse e volvéronse aptos para a agricultura e a cría de animais. En Mesopotamia os ríos Tigris e Éufrates. Os humanos empezaron a agricultura e gandería en vez de recolectar e cazar animais. Isto permitiu o aumento dos grupos creando as primeiras cidades.