Depresión do Guadalquivir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista panorámica da depresión do Guadalquivir dende Baeza.

A depresión do Guadalquivir ou depresión Bética é unha depresión xeográfica localizada no suroeste da Península Ibérica, coincidente coa conca do río Guadalquivir e que ten unha superficie aproximada de 35.000 km² e unha lonxitude de 600 km. Esténdese de leste a oeste en gran parte da comunidade autónoma de Andalucía, e acaba no océano Atlántico.

No seu límite norte e noroeste está serra Morena, e no leste e sueste limita coa cordilleira Subbética. A depresión ten unha altura media de 100 metros sobre o nivel do mar, sendo a máis baixa da península. Na desembocadura do río esténdense as marismas do Guadalquivir, protexidas co Parque Nacional de Doñana.[1]

Notas[editar | editar a fonte]