Corasmia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Corasmia é unha rexión histórica situada ao sur do mar de Aral, no curso inferior do río Oxus (río Amu) parte occidental de Asia Central, entre os actuais Uzbequistán, Turcmenistán e Irán, destacando as vilas Cunia-Urguench (Kunya-Urgench) e Khiva. A palabra vén do grego Chorasmiē. Hai varias teorías sobre o seu significado: “terra rica ou nutritiva”[1] ou “terras baixas”[2] ; M. N. Bogolyubov[3], suxeriu "terra con bos prados para o gando", pero esta interpretación non atopou unha ampla aceptación.

Historia[editar | editar a fonte]

Corasmia foi o baluarte da dinastía de Khwârazm, chamados tamén dinastía dos Corasmios[Cómpre referencia] entre 1077 e 1231.

Corasmia xurdiu na historia tras un pasado nómade durante a Idade de Bronce cando se converteu en parte da satrapía 16 do Imperio Aqueménida de Persia a finais do século VI a.C. Ciro o Grande caeu na batalla contra os masaguetas nómades arredor do ano 530 a.C. e Darío I consolidou o imperio a finais do século, momento no que Corasmia aparece na súa lista de impostos, xunto cos partos, sogdianos e arrianos. A evidencia arqueolóxica amosa un cambio abrupto na cultura material neste momento. Os ex semi-nómades da cultura Andronovo foron sustituidos pola nova arquitectura 'Urban', sofisticados sistemas de rego e cerámica que ten paralelos en numerosos lugares do sur de Asia Central dos séculos VII-VI d.C.

A primeira etapa histórica chámase "período arcaico" (séculos VII-VI -V-IV a.C.). Dúas vilas importantes deste período atópanse ao norte de Turcmenistán, en Kiuzeli-g'ir e Kalal'i-gir 1. Kalal'i-gir 1 había capiteis de pedra e ten unha arquitectura que reflexa a influencia persa. Na opinión dos académicos é que arredor do século V antes de Cristo quedaba pendente do control persa esta remota provincia ata a primeira parte do período seguinte, o «período antigo (século IV a. C. - século I a.C.), Corasmia foi un estado independente. Moitas fortalezas, granxas, cidades fronteirizas e polo menos dous grandes sitios 'urbanos' dátanse deste período incluíndo os sitios de Kazakl'i-yatkan e Tashk'irman-Tepe.

Polo S. II d.C., Corasmia caeu baixo a influencia, cando non no dominio directo , do Imperio Cuxano (ou Kushan). O corazón do Imperio residía ao noroeste da India, pero a extensión do seu control e influencia fixéronmos donos dunha cuarta parte do mundo coñecido, xunto cos romanos, os partos e os chineses. A magnícifa vila corasmia de Toprak-Kala reflexa o esplendor destes tempos. A súa arquitectura, a escultura e pinturas murais son totalmente diferentes de calquera cousa que lles precedesen. O "período cuxano en Corasmia durou ata o século IV d. C., cando os hunos comezaron a desprazarse cara o Asia Central.

A lingua corasmia[editar | editar a fonte]

O corasmio, é a lingua irania orixinaria de Corasmia, está atestada en dúas etapas do seu desenvolvemento. O antigo corasmio foi escrito nunha escrita propia derivada do arameo, traída á rexión pola administración do Imperio Aqueménida.

Coñécese a través de inscricións de moedas e documentos sobre madeira e pergamiños dende finais do século II a. C.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. E. Burnouf, Commentaire sur le Yaçna, París, 1833 p. cviii; E. Sachau, Zur Geschichte und Chronologie von Khwârizm Sb. der philosophisch-historischen Classe der Kaiserlichen Akademie der Wissenschaften (Viena) 73, 1873, pp. 471-506 (concretamente p. 473); W. Geiger, Ostiranische Kultur im Altertum, Erlangen, 1882. p. 29; Pauly-Wissowa III/2, cols. 2406-08]
  2. P. Lerch, Khiva oder Khârezm. Seine historischen und geographischen Verhältnisse, Russische revue 2, 1873, pp. 445-84, 565-79(referencia en cuestión p. 447); N. I. Veselovskiĭ, Ocherk istoriko-­geograficheskikh svedeniĭ o Khivinskom khanstve ot drevneĭshikh vremen do nastoyashchego vremeni (Resume de datos histórico-xeográficos sobre o canato de Khivan dende os seus primeiros tempos ata a actualidade), San Petersburgo, 1877. p. v; H. Kiepert, Lehrbuch der alten Geographie, Berlin, 1878, nº60; D. N. MacKenzie, Khwarazmian Language and Literature, in Camb. Hist. Iran III/2, pp. 1244-49
  3. Drevnepersidskie ètimologii (Etimoloxías do persa antigo), en Drevniĭ mir. Sbornik stateĭ Akademiku Vasiliyu Vasil’evichu Struve, Moscova, 1962, pp. 367-70. (concretamente p. 370)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Yuri Aleksandrovich Rapoport, C. Edmund Bosworth, D. N. MacKenzie, na Encyclopaedia Iranica.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]