Anthony Mann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anthony Mann
Nacemento30 de xuño de 1906 e 1906
LugarSan Diego
Falecemento29 de abril de 1967 e 1967
LugarBerlín
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enCentral High School
Cónxuxe(s)Sara Montiel e Mildred Manning
Profesióndirector de cinema, guionista, produtor de cinema, director teatral e realizador
Na rede
IMDB: nm0542649 Allocine: 10506 Allmovie: p101049 14336 IBDB: 14315
Find a Grave: 35105913 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Emil Anton Bundesmann, nado en San Diego (California) o 30 de xuño de 1906 e finado en Berlín o 29 de abril de 1967, foi un actor e director de cine estadounidense coñecido como Anthony Mann.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Emile Theodore Bundsmann, era un emigrante austríaco, e a súa nai Bertha Waxelbaum (apelido orixinal: Weichselbaum), proviña dunha familia xudía de Macon, Xeorxia.

Comezou a súa carreira de actor en Nova York, en salas pequenas do Off-Broadway. No 1938 trasladouse a Hollywood e en 1942 comezou a traballar como asistente de dirección. Comezou a sobresaír en Hollywood ó destacar no cinema negro clásico con filmes como He Walked by Night (1948), Railroaded!, T-Men e Raw Deal.

Tamén recibiu un significativo éxito no xénero western, especialmente nunha serie de colaboracións con James Stewart: Winchester '73, Far Horizons, The Naked Spur, The Far Country, O home de Laramie e O home do Oeste con Gary Cooper, considerado por moitos críticos como a súa obra mestra.

Os anos 60 centrouse en facer dúas grandes producións épicas co produtor Samuel Bronston: El Cid (1961) e A caída do Imperio Romano (1964).

Estivo casado con Sara Montiel, coa que traballou en Serenade xunto con outras estrelas como Joan Fontaine, Mario Lanza e Vincent Price. Polo seu traballo ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood no 6229 de Hollywood Boulevard.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]