Civilización

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A creación de cidades é unha das características fundamentais da Civilización

Civilización, empregando o termo nun sentido restrinxido, é unha sociedade complexa. As civilizacións diferéncianse das sociedades tribais baseadas no parentesco polo predominio do modo de vida urbano (a cidade, que impón relacións sociais máis abertas) e o sedentarismo (que implica o desenvolvemento da agricultura e a partir dela o desenvolvemento económico coa división do traballo, a comercialización de excedentes e, máis tarde, a industrialización e a terciarización). Se se comprende nun sentido amplo, pasa a ser sinónimo de Cultura, englobando as visións do mundo ou ideoloxías, as crenzas, os valores, os costumes, as leis e institucións.

Deriva indirectamente do latín civis (cidadán) a través de civil e civilizar.

Ferramentas persoais