Mar Exeo
O Mar Exeo é un brazo do Mar Mediterráneo, situado entre a Grecia e a Turquía.Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpatos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.
Índice |
Xeografia [editar]
Xeoloxia [editar]
Paisaxe [editar]
Recursos naturais [editar]
Clima [editar]
Illas [editar]
Mitoloxía [editar]
O mar Exeo debe o seu nome ao rei Exeo, que, na mitoloxía grega, se suicidou cando o seu fillo, Teseo, voltou de Creta tras dar matado ao Minotauro, monstro a cuxa alimentación fora destinado xunto con outros seis mozos e sete mozas. Este era o tributo que os atenienses debían pagar anualmente a Minos. Os mariñeiros que o acompañaban deberían izar velas claras se Teseo retornase vivo, e escuras se morrera na loita contra o Minotauro. Así e todo, tamaña era a alegría da tripulación que esqueceron a promesa feita ao rei. Exeo botouse no mar, que desde entón leva o seu nome.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |