Cidade-estado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

Unha cidade-estado é unha rexión soberana controlada exclusivamente por unha cidade, un estado composto unicamente dunha cidade. Actualmente os seguintes estados son considerados cidades-estados:

As primeiras cidades-estado (polis) formaban ligas na Grecia clásica. Por exemplo, a liga espartana e a liga ateniense eran conxuntos de cidades que tomaban partido por unha das dúas cidades en guerra (neste caso Atenas ou Esparta). Politicamente independentes, uníanse no esforzo bélico para resolve-las súas disputas. No caso dunha ameaza ó conxunto de polis, uníanse todas contra o invasor estranxeiro como, por exemplo, a liga do Peloponeso contra os persas medos nas Guerras Médicas.

Estas cidades-estado formaban parte de áreas culturais máis amplas, como a antiga Grecia, as cidades fenicias de Canaa (como Tiro e Sidón), as maias da Mesoamérica pré-colombina (como Chichen Itza e El Mirador, as da Asia central que bordeaban a Rota da Seda (como Samarcanda e Bucara) ou o norte de Italia (como Florencia e Venecia).

As cidades-estado teñen contribuído ao desenvolvemento da civilización nunha medida enormemente desproporcionada en comparación co seu tamaño. Algúns dos períodos máis creativos da historia humana son aqueles nos que a humanidade se organizaba en pequenos centros independentes. Porén, estas entidades sobrevivían durante períodos de tempo breves debido ao seu tamaño e poder de defenderse contra outras entidades maiores. Por outra banda, o seu éxito ao coexistir como partes desunidas dunha unidade xeográfica e cultural laxa, como en Italia ou Grecia, actuaba como barreira para a creación de unidades nacionais de maior permanencia. En consecuencia, daban paso a formas de organización social máis amplas, o imperio e finalmente a nación-estado.