Alfabeto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Historia do alfabeto |
|---|
|
Idade do Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
| Meroítico s. –III. |
| Xenealoxía completa |
Alfabeto denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listados de cousas.
A palabra alfabeto provén das gregas alfa e beta, que designaban a primeira e segunda letra do seu alfabeto, correspondentes no alfabeto latino a a e b, respectivamente.
O alfabeto galego segue a seguinte orde (entre parénteses a denominación da letra): a (a), b (be), c (ce), d (de), e (e), f (efe), g (gue), h (hache), i (i), l (ele), m (eme), n (ene), ñ (eñe), o (o), p (pe), q (que), r (erre), s (ese), t (te), u (u), v (uve), x (xe), z (zeta).
[editar] Exemplos
Como exemplos de "alfabetos" pódense ver os seguintes:
Alfabeto arábigo: ﺍ, ﺏ, ﺕ, ﺙ, ﺝ, ﺡ, ﺥ, ﺩ, ﺫ, ﺭ, ﺯ, ﺱ, ﺵ, ﺹ, ﺽ, ﻁ, ﻅ, ﻉ, ﻍ, ﻑ, ﻕ, ﻙ, ﻝ, ﻡ, ﻥ, هـ, ﻭ, ﻱ
Alfabeto cirílico: А, Б, В, Г, Ґ, Д, Е, Є, Ж, З, И, І, Ї, Й, К, Л, М, Н, О, П, Р, С, Т, У, Ф, Х, Ц, Ч, Ш, Щ, Ю, Я, Ъ, Ь, Ђ, Љ, Њ, Ћ, Џ
Alfabeto grego: Α, Β, Γ, Δ, Ε, Ζ, Η, Θ, Ι, Κ, Λ, Μ, Ν, Ξ, Ο, Π, Ρ, Σ, Τ, Υ, Φ, Χ, Ψ, Ω.
Alfabeto hebreo: א, ב, ג, ד, ה, ו, ז, ח, ט, י, כ, ל, מ, נ, ס, ע, פ, צ, ק, ר, ש, ת.
Alfabeto latino: A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z.
[editar] Alfabetos máis coñecidos
[editar] Véxase tamén
- O alfabeto galego en Wikibooks (curso de lingua galega).