Idade Moderna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Idade moderna")
Historia (occidente)
Protohistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media
Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna
século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI

A Idade Moderna queda comprendida entre dúas datas simbólicas:

1453, Caída de Constantinopla ou 1492 Descubrimento de América.
1789, Revolución francesa.

Pero a Idade Moderna non comeza dun xeito brusco ou repentino. Existe a cabalo da Baixa Idade Media e da Idade Moderna, un período de transición chamado Renacemento. Con el, prodúcese un cambio notable en tódalas ordes da actividade humana.

Son características da Idade Moderna as seguintes:

  • Consolidación das nacionalidades.
  • Formación de grandes imperios coloniais, como consecuencia dos descubrimentos xeográficos e da forza política do absolutismo.
  • A loita contra toda potencia que quixera impo-la súa hexemonía (primeiro España e logo Francia), ata chegar ó equilibrio do século XVIII.
  • Aparición e desenvolvemento das ideas liberais fronte ó absolutismo monárquico que desembocaría na Revolución francesa.
Predecesor:
Idade Media
Idade Moderna
1492-1789
Sucesor:
Idade Contemporánea