Secuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha secuela[1] é unha obra artística (narrativa, cinematográfica, teatral, musical…) que continúa ou expande a historia comezada nunha obra anterior.[2]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Hai moitos xeitos de continuar obras anteriores con respecto á cronoloxía do orixinal. Para describilos creáronse varios neoloxismos, como precuela[3] e “reboot”.

Historia[editar | editar a fonte]

É imposible dicir con seguridade cal foi a primeira secuela que fixo a humanidade. Pódese por exemplo considerar a Odisea, de Homero como secuela da Ilíada, no sentido de que expande unha situación e unha personaxe do texto anterior.

O crecemento do mercado literario a principios do século XVIII deu lugar a unha cultura baseada nos autores[4] que levou á súa profesionalización. A edición de secuelas era produto da busca do éxito baseado nos traballos que xa obtiveran recoñecemento comercial.[5]

Franquías[editar | editar a fonte]

Nalgúns casos, as personaxes ou o escenario dun filme ou videoxogo orixinal acaban creando unha franquía nos medios. Xeralmente, a serie de secuelas desenvólvense paralelamente ao merchandising. En ocasións xa están planeadas múltiples secuelas e os actores e os directores poden asinar contratos que garantan a súa participación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "secuela". TERGAL. Consultado o 21/11/2019. 
  2. Fabrikant, Geraldine (12 de marzo de 1991). "Sequels of Hit Films Now Often Loser". The New York Times. Consultado o 9 de setembro de 2010. 
  3. "Portal das palabras". 
  4. Schellenberg, Betty A. (2007). Bourdeau and Kraft., ed. The Measured Lines of the Copyist. Cranbury, NJ. 
  5. Budra, Paul; Schellenberg, Betty (1998). ”Introduction." Part Two Reflections on the Sequel (Theory / Culture). Nova York. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jess-Cooke, Carolyn; Verevis, Constantine (2010). SUNY Press, ed. Second takes: critical approaches to the film sequel. ISBN 9781438430294. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]