Método científico
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
- Artigo principal: Ciencia.
O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais e é o mecanismo utilizado nas ciencias experimentais para validar ou invalidar unha teoría, por medio da experimentación ou da observación.
Características [editar]
Son dous os piares básicos do método científico. O primeiro deles é a reproducibilidade, é dicir, a capacidade de repetir un determinado experimento en calquera lugar e por calquera persoa. Este piar emprega para a súa práctica, esencialmente, a comunicación e a publicidade dos resultados obtidos.
O segundo piar é a falsabilidade. É dicir, que toda proposición científica ten que ter a posibilidade de ser falsada. Isto implica que se poden deseñar experimentos que no caso de dar resultados distintos ós preditos negarían a hipótese posta a proba.
Na actualidade os resultados da investigación científica son publicados en revistas científicas especializadas tras críticas ou comentarios doutros expertos, correccións por parte dos autores e aínda verificación dos experimentos por outros equipos de investigación. Asemade, está comezando a ser usual que se publiquen na rede (internet) ó tempo que nas revistas científicas ou exclusivamente.