Himalaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Vista aérea do Himalaia, O Monte Everest pode observarse cerca do centro da imaxe.
Himalaya composite.jpg

O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indiano do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. O nome Himalaia ven do hindi hima = Neve + laya = Montaña.


O Nepal e o Bután son países soberanos ao sur da cadea. O Himalaia conéctase coa cadea de montañas Hindu Kush no Afganistán. A palabra Himalaia ten a súa orixe no Sánscrito, sendo pronunciada cun longo primeiro 'a' e un curto último 'a', como 'himaal-ya', en vez de 'him-u-l-yu' ou 'him-u-layaa'.

As montañas máis altas do mundo, incluíndo o monte Everest (8.844,43, m), o K2 (8611 m) e o Kanchenxunga (8598 m), están situadas no Himalaia.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Segundo a teoría de Tectónica de Placas, o Himalaia é o resultado de unha converxencia entre a placa Indo-Australiana e a placa Eurasiana. O movemento continuo desas placas indica que o Himalaia continua a aumentar de tamaño. Os xeólogos estiman que o Himalaia crecerá de 8 a 10 cm por ano se o movemento de placas fose o único factor. Existen aínda, no entanto, forzas de erosión que diminúen a altura das montañas. O crecemento medio do Himalaia é de aproximadamente 2.5 a 5 cm por século.

Himal[editar | editar a fonte]

Himal é a palabra nepalesa para "altura", e é usada para denominar as varias regións do Himalaia. No Nepal, temos:

  • Annapurna Himal
  • Ganesh Himal
  • Khumbu Himal
  • Langtang Himal
  • Manang Himal
  • Rolwaling Himal

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Himalaia esténdese sobre máis de 2.400 km no sentido dos paralelos xeográficos, desde o Nanga Parbat, no Paquistán, no oeste, até o Namche Barwa, no Tíbet, no leste. Estructuralmente componse de tres cadeas paralelas dispostas en rango de altitude e de período xeolóxico.

A máis meridional e nova das cadeas é a denominada « Sub-Himalaia » (outeiros de Shivalik), e levántase até uns 1.200 metros de altitude. Creouse pola acción erosiva logo da formación do Himalaaia. En paralelo a esta cadea, e en posición intermedia, encontramos o « Baixo Himalaia », un cordal con alturas que oscilan entre os 2.000 e os 5.000 metros. Por último, a cadea máis setentrional é o « Grande Himalaia », que é tamén o cordal máis antigo dos tres. Este érguese a máis de 6.000 metros de altitude e comprende as cimas máis altas do mundo, das que as tres primeiras correponden ao Everest, o K2 e o Kanchenjunga.

O Himalaa cubre a maior parte de Nepal e Bután e ocupa case por enteiro o estado paquistaní de Balistan e os estados federais indios seguintes: Jammu, Kashmir (Cachemira), Himachal Pradesh, Uttaranchal, Sikkim e Arunachal Pradesh. O Himalaia cubre tamén unha pequena parte do sudeste do Tíbet, máis a maior parte deste país, formado polo altiplano tibetano, non forma parte do Himalaia.

Paisaxe[editar | editar a fonte]

Recursos naturais[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

En altura, e a grandes trazos, no Himalaia pódese falar de tres tipos de clima: o pé das montañas é o dominio do clima tropical monzónico. En altura a uns 3.000 metros reina un clima temperado monzónico e a partir dos 5.000 a 6.000 metros é un dominio do clima alpino ou mesmo do polar.

A banda meridional da cadea do Himalaia está rexida polos monzóns. O monzón de verán é un vento que procede do suroeste, que se carga de humidade e solta a súa chuvia sobre o oocidente do subcontinente indio e a zona sur do Himalaia, onde descarga por convección, ao ascender nas ladeiras montañosas. O monzón de inverno é un vento terral que procede do nordeste do continente; é un vento seco, árido.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

A superficie cuberta polo Himalaia abranxe uns 594.000 km2, que se estenden por oito países. Pero este enorme cordal forma parte dunha zona maior denominada Área do Hindu Kush-Himalaia, que comprende, entre outras rexións, as cadeas do Hindu Kush e o Pamir e as do Karakorum, estas últimas son unha prolongación do Himalaia por occidente. Este vasto conxunto montañosos acolle, nos inicios do século XXI, uns 140 millóns de persoas.

Picos importantes[editar | editar a fonte]

Superan os oito mil metros de altura os 14 seguintes:

Entre os que superan os sete mil metros:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Himalaia