Tíbet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En distintas cores, varias extensións do Tíbet.

Tibet[1][2] (བོད་ Bodo tibetano e Xizang 西藏 en chinés) é unha rexión xeográfica de Asia, que designa tres entidades distintas:

  • A Rexión autonoma do Tíbet (西藏自治区 Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinxiang ou Turkestan chinés, ou a Mongolia interior;
  • a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, coñecida como «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia);
  • a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.

O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet e Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Esténdese de leste a oeste sobre unha distancia de aproximadamente 2400 km, e do norte ao sur sobre aproximadamente 1000 km, a meseta do Tíbet sitúase entre as lonxitudes 78°24' e 104°47' e as latitudes 26°2' e 40°3' norte ao cerne do continente asiático. É un país xigantesco de aproximadamente 2,5 millóns de km² cunha altitude media de 4200 metros.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Conta cunha prefectura de nivel de cidade: Lhasa e seis prefecturas.

Mapa # Nome Hanzi Hanyu Pinyin Idioma Tibetano Wylie Tipo
TibetMap.png
1 Ngari 阿里地区 Ālǐ Dìqū མངའ་རིས་ས་ཁུལ་ Mnga'-ris Sa-khul Prefectura
2 Nagqu 那曲地区 Nàqū Dìqū ནག་ཆུ་ས་ཁུལ་ Nag-chu Sa-khul Prefectura
3 Qamdo 昌都地区 Chāngdū Dìqū ཆབ་མདོ་ས་ཁུལ་ Chab-mdo Sa-khul Prefectura
4 Xigazê 日喀则地区 Rìkāzé Dìqū གཞིས་ཀ་རྩེ་ས་ཁུལ་ Gzhis-ka-rtse Sa-khul Prefectura
5 Lhasa 拉萨市 Lāsà Shì ལྷ་ས་གྲོང་ཁྱེར་ Lha-sa Grong-khyer Cidade con nivel de prefectura
6 Shannan 山南地区 Shānnán Dìqū ལྷོ་ཁ་ས་ཁུལ་ Lho-kha Sa-khul Prefectura
7 Nyingchi 林芝地区 Línzhī Dìqū ཉིང་ཁྲི་ས་ཁུལ་ Nying-khri Sa-khul Prefectura

Extensión xeográfica[editar | editar a fonte]

A superficie do Tíbet varía segundo a acepción do termo de 1.221.600 km², pola rexión administrativa, a 2.500.000 km², o Tíbet histórico. Cóntanse 6 millóns de tibetanos dos mais de 7,5 millóns de chineses de implantación recente. A capital histórica é Lhasa, centro que tradicionalmente concentra a autoridade relixiosa e temporal do Tíbet.

Antes da súa unión á República Popular China no 1949, o Tíbet estaba gobernado por un Dalai Lama (xefe relixioso con poder secular) e estaba composto de tres rexións:

  • dBus-Tsang (pronunciado [utsaŋ] en tibetano central), en chinés «Wei-Zang 卫藏», corresponde á rexión administrativa autónoma.
  • Amdo, en chinés Anduo 安多 ao norte, facendo parte hoxe en día da provincia chinesa do Qinghai do Gansido e do norte do Sichuan (distrito de rNga-ba 阿坝).
  • Khams, en chinés Kang 康, ao sueste facendo parte hoxe en día da rexión autónoma e de dúas provincias chinesas: o Yunnan e o Sichuan (distrito de dKar-mdzes 甘孜).

O Tíbet como area de poboamento dos tibetanos posúe fronteiras comúns co Turquestán Oriental, Mongolia, a China, Birmania, a India, Bután, e mailo Nepal.

Os tibetanos falan tibetano, unha lingua da familia tíbeto-birmana, e comparten unha relixión Budista, o lamaísmo, presente desde o século VIII e maioritario desde o século XI.

Historia[editar | editar a fonte]

Templo tibetano

Antigo reino dos confíns e das montañas nevadas (himals, en nepalí), inaccesíbel e estratéxica entre o mundo chinés e o mundo indio, o Tíbet ten coñecido unha historia movida, interrompida por longos períodos de illamento.

No séc. VII unha monarquía estabeleceuse sobre o territorio do Tíbet actual, marcando o nacemento do Tíbet como entidade política unificada. A administración instálase en Lhasa. Desenvolvese unha escritura, inspirada no alfabeto indio devanagarî. No 670, os Tibetanos conquistan Tarim.

O Budismo, introducido no Tíbet no 747, convertese en relixión de Estado á fin do séc. VIII en concorrencia co bon-po, unha crenza tradicional fundada sobre a idea da transmigración das ánimas. Desenvólvense os mosteiros Budistas e forman a base do réxime feudal. Mais as disensións ao seo do clero facilitan a penetración dos Mongois, quen, xa donos dunha parte da China, obteñen a soberanía sobre o Tíbet no séc. XII. A seita dos Bonetes amarelos medra en influencia. No seu seo xorde o Dalai-lama, xefe relixioso e temporal do país.

En 1720, o Tíbet convertese en estado vasalo dos emperadores da dinastía manchú das Qing. En 1904, unha expedición militar conducida por lord Curzon chega a Lhasa. Gran Bretaña atribúese privilexios comerciais no Tíbet, que serán recoñecidos dous anos mais tarde polo emperador en contrapartida do mantemento da súa soberanía sobre o país. En 1908, os Británicos retíranse. En 1910, o Dalai-lama é destituído polos Chineses, xusto antes da queda do imperio no 1911. Atopa refuxio en India, antes de volver a Lhasa en 1912. En 1924, o Panchen-lama, quen conservara o seu poder no Tíbet oriental, é obrigado a se refuxiar en Nankin. En 1929, a China acepta recoñecer a autoridade do Dalai-lama, mais obtén certas avantaxes en troques.

En 1949, a Exército Popular de Liberación invade o Tíbet que se converte nunha provincia da China, oficialmente gobernada polo Dalai-lama e o Panchen-lama. O poder central chinés ocúpase da defensa, dos asuntos estranxeiros, das finanzas e da educación.

No 1958 os autonomistas tibetanos opóñense ao poder central, o Dalai Lama refúxiase na India con 100 000 fieis e forma un goberno no exilio en 1959. No Tíbet, o Panchen-lama dirixiu o goberno, antes de ser destituído en 1965.

Os Chineses impoñen no 1961 a colectivización da economía tibetana. En 1966, a Revolución cultural tradúcese en represión anti-budista e de numerosos vestixios do pasado e da influencia relixiosa sobre os tibetanos son destruídos polos Gardas Vermellos.

Relacións entre a República Popular China e os Tibetanos[editar | editar a fonte]

Mapa do Tíbet histórico

Os Tibetanos no exilio e os que están no seu país, ou que voltan de India e do Nepal, quéixanse a miúdo dunha perda da cultura propia e do feito que de numerosos chineses han, a etnia maioritario da China, veñen a se instalar dentro do seu país.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do Tíbet é pouco desenvolta. As principais actividades son a crianza de ovellas, cabras e do iaks, o cultivo de cereais (dentro dos vales do Sur e do Sueste) e a explotación do bosque (no Sur). O turismo é posíbel hoxe en día e, aínda que limitado, representa unha parte importante da economía.

Rapaces Monxes Budistas

Recursos sobreexplotados[editar | editar a fonte]

Cos seus numerosos recursos naturais, o Tíbet sofre as consecuencias dunha explotación comercial intensiva. O Tíbet e rico en minerais, ten reservas considerábeis de ouro, petróleo, gas natural, bauxita, cobre, estano e litio, que son ás veces extraídos sen consideración polo medio. O resultado diso reflíctese nos niveis alarmantes de contaminación que afectan a hidrografía, a atmosfera e os solos.

Medio ambiente[editar | editar a fonte]

O Tíbet e incribelmente sensíbel e conten unha gran diversidade de hábitats, unha fauna e unha biodiversidade comparábeis á da selva amazónica, e das rexións climáticas esténdense da alta estepa glaciar ata os desertos das altas mesetas, aos bosques tropicais, e aos prados alpinos. O Tíbet é igualmente a fonte dos máis grandes ríos de Asia, como o Mekong, o Brahmaputra, o Yang-tse-kiang. Son alimentados por unha precipitación media de 100 m no norte do país ata mais de 1000 m no sueste.

Clima[editar | editar a fonte]

A grande cobertura de vexetación inflúe tamén na terra e nas temperaturas atmosféricas que participan na regulación do monzón. A deforestación a tan grande escala entraña serias preocupacións entre os climatoloxistas, que coidan que o clima mundial pode quedar perigosamente desestabilizado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tibetano.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 123. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Iaks decorados e honrados polas familias ás que pertencen.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]