Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
የኢትዮጵያ ፌዴራላዊ ዲሞክራሲያዊ ሪፐብሊክ
ye-Ītyōṗṗyā Fēdēralāwī Dīmōkrāsīyāwī Rīpeblīk

República Democrática Federal de Etiopía
Bandeira de Etiopía Escudo de Etiopía
Bandeira Escudo
Himno nacional: Wodefit Gesgeshi Widd Innat Ityopp'ya
 
Ethiopia (Africa orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Adís Abeba
3.384.569 (2008)
Cidade máis poboada Adís Abeba
Lingua oficial
Amhárico 1
Forma de goberno República federal democrática.
Fundación
Ao redor do I a.C.
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 26º
1.127.127 km²
0,7
5.311 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 16º
73.053.286 (2002)
60 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 70º
US$ 62.744 mill.
US$ 859
IDH n/d
Moeda Birr (ETB)
Xentilicio Etíope[1]
Fuso horario
 • en verán
MSK (UTC+3)
MSK (UTC+3)
Dominio de Internet .et
Prefixo telefónico +251
Prefixo radiofónico 9EA-9FZ, ETA-ETZ
Código ISO 231 / ETH / ET
Membro de: ONU, UA

1 Tamén se falan dialectos sudaneses, tigré, tigriño, somalí, italiano, inglés e árabe, todos estes non oficiais.

Tódolos países do mundo

Etiopía[1] (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país africano. Limitado ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao leste con Sudán. A súa capital é Adis Abeba.

Historia[editar | editar a fonte]

Cunha das historias mais antigas do mundo. Segundo descubertas recentes, a especie Homo sapiens puido nacer nesta rexión. Etiopía é igualmente un dos países mais antigos de África. As súas orixes remóntanse aos reinos de Saba (ou Shebah) referidos na Biblia que aparentemente, arredor do ano 1000 a.C., abranguían todo o Corno de África e mais parte da Península Arábica.

Fontes gregas refiren que o reino de Axum era extremadamente rico no século I e a cidade de Adulis é frecuentemente mencionada como un dos mais importante portos de África. Rexistros oficiais, con todo, colocan a cidade de Aksum como a capital, onde se atopaba a corte da Raíña de Sabá. Este reino tiña, no século II dereito a tributo de estados da Península Arábica e conquistara incluso o reino meroítico de Kush, no actual Sudán. Hai indicacións do carácter cosmopolita deste reino, con poboacións xudaicas, nubias, cristiás e mesmo minorías budistas.

Deste xeito, a Etiopía (ou Abisinia, como era referida polos europeos) nunca foi colonizada polos expansionistas, e, no século XIX, foi convidada para a Conferencia de Berlín, onde as potencias coloniais decidiron a división de África, e conseguiu manter a súa independencia grazas á vitoria en Adua do emperador Menelik II sobre o exército de invasión italiano. Despois da Primeira Grande Guerra, a Abisinia, gobernada polo emperador Hailé Selasié, integrouse na Liga das Nacións, e apenas perdeu a súa independencia entre 1936 e 1941, cando o exército de Mussolini a invadiu – Italia posuía dúas pequenas colonias no Corno de África, a Eritrea e a Somalilandia, e tiña vontade de se tornar un imperio, aliándose coa Alemaña nazi – mais o negus recuperouna, con auxilio da Gran Bretaña (onde se refuxiara) e comezou a modernizar o país.

En 1963, a Etiopía participou na fundación da Organización da Unidade Africana, que colocou a súa sede en Adis Abeba. No 1974, o emperador foi deposto nun golpe militar, liderado por Mengistu Haile Mariam, mais o goberno despótico que se seguiu, de carácter marxista e dirixido por un comando militar, o Derg, non conseguiu, nin desenvolver, nin estabilizar politicamente o país e, en 1991, este goberno foi deposto por un movemento de guerrilla, comandado por Meles Zenawi.

Como Presidente interino e Primeiro Ministro, cargo que ocupa ata hoxe, Zenawi conseguiu, en 1993 negociar a independencia da Eritrea, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra. Unha Asemblea Constitutiva foi elixida en 1994 e, no ano seguinte, proclamouse a República Federal Democrática da Etiopía e, en eleccións xerais, Zenawi foi constitucionalmente proclamado Primeiro Ministro.

Entre tanto, as ambicións nacionalistas dos eritreos superpuxéronse e a guerra recomezou para apenas terminar en 2000, coa intervención da ONU e da OUA; nese mesmo ano, houbo novas eleccións, continuando Meles Zenawi ao fronte do goberno. Tras o falecemento de Zenawi n o goberno, foi substituído por Hailemariam Desalegn sen que mediase un proceso electoral.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Etiopía está localizada no nordeste de África, entre as latitudes 6º - 15º N, ten unha área total de 1.127.127 km2 e 5311 kn de fronteiras terrestres (é un país interior) con: Eritrea, a norte (912 km), Kenya, a sur (830 km), Somalia (1626 km) e Djibuti (337 km), a leste e Sudán, a oeste (1606 km).

O país é cortado polo medio, na dirección nordeste-sudoeste, pola Gran Val do Rift, o que lle confire unha configuración particular. É formado por dous planaltos montañosos, un de cada lado do Vale e, a leste, xunto à Somalia, unha grande planicie semi-desértica; a nordeste, partilla co Djibuti o Triangulo de Afar, que é tamén unha planicie desértica e volcánica.

Et-map.png

Organización territorial[editar | editar a fonte]

Antes de 1996 Etiopía estaba divida en 13 provincias (14 antes da independencia de Eritrea en 1993). Actualmente Etiopía ten un sistema gobernamental graduado, que consta dun goberno federal, estados rexionais, zonas, distritos (woredas), e comarcas (kebele).

Na actualidade, Etiopía está dividida en 9 rexións administrativas baseadas na etnia (astedader akababiwach, singular - astedader akabibi) e 2 cidades:

Ethiopia regions numbered.png

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Etiopía.

A economía de Etiopía está baseada na agricultura que absorbe o 45% do Produto Interior Bruto, o 90% das exportacións e o 80% da man de obra. O produto principal é o café destinado na súa case integridade á exportación, do que viven directa ou indirectamente o 25% da poboación. Este alto volume, unido á variabilidade dos prezos internacionais do café, fan que a balanza exportadora sexa moi vulnerable

Os procesos de seca, agravados na década dos 80 do século XX, converteron grandes extensións de terreo de cultivo en áridas ou semiáridas, en parte polas condicións climáticas, en parte polo corte de árbores para leña. Os desprazamentos de poboación e de refuxiados con ocasión das múltiples guerras con Eritrea, facilitaron o asentamento de gran número de poboación en zonas con apenas recursos agrícolas e gandeiros, o que provocou fames negras e persistentes degradacións do chan que non se recuperou. Na actualidade, e tras a firma da paz definitiva con Eritrea, o número de persoas dependentes da axuda interior ou exterior para a supervivencia reduciuse de 4,5 millóns de persoas en 1999, a 2,7 millóns de persoas en 2003.

En canto á minería, Etiopía ten reservas de ouro e tántalo, así como mármore, potasa, mineral de ferro e gas natural. As explotacións deste último sufriron diversas convulsións e altibaixos con ocasión dos múltiples conflitos bélicos ata 2002.

O alto nivel de dependencia do sector enerxético (petróleo) e os elevados gastos militares, manteñen aínda debilitada a economía, que presenta grandes cambios segundo a zona do país da que se trate. A tensa relación con Eritrea impide o uso dos portos eritreos de Assab e Massawa, deixando o de Djibuti para a saída ao mar dos produtos etíopes.

Na actualidade desenvólvese un plan económico baseado no incremento do uso da enerxía hidroeléctrica, a explotación do gas natural, a recuperación de zonas agrícolas e a diversificación das actividades económicas, dentro dunha economía aínda moi centralizada e dependente do sector público e da axuda estranxeira.

No período 2003-2005 a economía etíope creceu máis dun 10%, aínda que o crecemento foi moi desigual segundo as rexións. O perímetro da capital creceu un 13% consecutivo nos dous anos, os estados do sur e oeste creceron de media un 8%, aínda que os estados do leste creceron con menos intensidade e as rexións do norte sufriron un desastre da actividade económica, debido ás tensións xeopolíticas con Sudán e Eritrea. Destaca a mellora da balanza exportadora, animada principalmente polo incremento das exportacións cara a Exipto.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Etiopía.
  • 1984- 39.868.501 habitantes
  • 1994- 53.707.726 habitantes
  • 2006- 72.238.014 habitantes

Ao ano 2007, Etiopía ten unha poboación de 76.500.000 habitantes. A esperanza de vida é de 49 anos. A media de fillos por muller é de 5,1, unha das taxas máis altas do mundo, o cal vai provocar graves problemas económicos e ambientais. O 42,7% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 4,4% da poboación está infectada co virus de HIV (SIDA).

Tribos e Etnias etíopes[editar | editar a fonte]

CIDADES PRINCIPAIS

Feriados[editar | editar a fonte]

Data Nome en galego Nome local Observacións

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Etiopía

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]