Terenci Moix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Terenci Moix.

Terenci Moix, seudónimo de Ramón Moix i Messeguer, nado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1942 e finado en Barcelona o 2 de abril de 2003, foi un escritor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grande escritor e recoñecido cinéfilo, converteuse nun dos escritores máis lidos da literatura española trala publicación de No digas que fue un sueño (Premio Planeta 1986), con máis dun millón de exemplares, dándolle continuación en "El sueño de Alejandría (1988).

De formación autodidacta e anárquica. Deuse a coñecer como narrador coa obra La torre de los vicios capitales (1968), que comezou a escribir en inglés durante o período que viviu en Londres en 1964.

A súa obra navega entre a crítica e a mitificación da cultura catalana, os valores da época franquista, a educación relixiosa e o sexo (xa que segundo conta, estudou en colexios de curas) e unha inconmensurable devoción á historia de Exipto. Foi un apaixoado da historia do antigo Exipto. Por este feito, as súas novelas máis célebres baséanse en amores e desamores durante o imperio faraónico. En 1992 publicou 'El sexe dels ángels' libro que orixinou unha gran polémica en moitos sectores cataláns pola súa xenial sátira á cultura catalá. Pese a todo, en 1993 "El sexe del ángels" recibiu o galardón Lletra d'Or.

Plasmou a súa biografía nunha triloxía denominada 'Memorias del peso de la paja'.

Abertamente homosexual, Moix participou en tertulias televisivas manifestándose con frecuencia respecto ó tema da sexualidade. Foron famosos algúns dos seus enfrontamentos contra o que percibía como manifestacións homofóbicas, sendo exemplo disto as súas duras críticas ó Nobel de Literatura Camilo José Cela. Escribiu no Tele-Exprés, Tele-Estel, El Correo Catalán, Destino, Nuevos Fotogramas, Serra d'Or e en El País.

Finou en abril de 2003 dun enfisema pulmonar polar súa adicción ó tabaco.

As cinzas do escritor foron dispersadas na baía de Alexandría, non lonxe do lexendario Faro, e a súa obra completa foi entregada á Biblioteca de Alexandría nun acto oficial, tal como soñara o propio autor anos atrás na súa novela "El sueño de Alejandría".

O 22 de abril de 2005 iniciáronse os premios Terenci Moix.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • La torre de los vicios capitales
  • El día que murió Marilyn
  • Olas sobre una roca desierta
  • Mundo macho
  • La caiguda de L'imperi sodomita
  • La increada conciencia de la raza o melodrama
  • Sadistic, esperpentic i adhuc metafisic
  • Nuestro Virgen de los mártires
  • Amami, Alfredo! o polvo de estrellas
  • No digas que fue un sueño
  • El sueño de Alejandría
  • Le herida de la esfinge
  • Memorias del peso de la paja
    • Extraño en el paraíso
    • El beso de Peter Pan
    • El cine de los sábados
  • Chulas y famosas
  • Mujercísimas
  • Garras de astracán
  • El sexo de los ángeles
  • El amargo don de la belleza
  • El arpista ciego

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Iniciació a una història del cine
  • Los cómics, arte para el consumo y formas pop
  • El sadismo de nuestra infancia
  • Terenci del Nilo
  • Crónicas italianas
  • Hollywood stories (2 vols.)
  • Tres viajes románticos