Calícrates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calícrates
Arquitecto
O Partenon
Nacemento século V a.C
Grecia Grecia
Obras destacadas Templo de Atenea Nike
Partenón

Calícrates (grego antigo Καλλικράτης, Kallikrates) foi un antigo arquitecto grego activo a mediados do século V a. C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Templo de Atenea Nike construido por Calícrates en conmemoración da victoria dos gregos sobre os persas.

No ano 480 a. C. tras a devastación de Atenas por parte dos persas, Pericles encargou a Calícrates e Ictinos, baixo a dirección de Fidias, o proxecto dos edificios da Acrópole construídos entre 447 e 442 a. C. (Plutarco, Pericles, 13).[1]

Para este templo seguiron un modelo de fachada octástila, dentro do orde dórica. A curvatura do entaboamento e o estilóbato, o éntase das columnas e a desigualdade nos intercolumnios, crean un equilibrio e unha harmonía visuais que conseguen disimular as dimensións reais do edificio. O templo en cuestión é anfipróstilo, aínda visible alí,[2] ou o seu predecesor, a pequena escala (naiskos), cuxos muros foron atopados nos cimentos do templo posterior.[3]

Unha inscripción identifícao como o arquitecto do Templo de Atenea Nike na Acrópole de Atenas.[4]

Outra inscripción identifica a Calícrates como un dos arquitectos do recinto amurallado clásico da Acrópole,[5] e Plutarco di que foi contratado para construír a metade dos Muros Longos, que unían Atenas e O Pireo.

Na súa honrra foi nomeado o crater Calícrates na superficie do planeta Mercurio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roth, Leland M. (1993). Understanding Architecture: Its Elements, History and Meaning (First ed.). Boulder, CO: Westview Press. pp. 203. ISBN 0-06-430158-3.
  2. Roth Leland, M. (1993). Understanding Architecture: Its Elements, History and Meaning. Boulder, CO:Westview Press. pp. 200. ISBN 0-06-430158-3.
  3. Mark, Ira S. (1993). The Sanctuary of Athena Nike in Athens: Architectural Stages and Chronology. Princeton. ISBN.
  4. IG I3 35.
  5. IG I3 45