Dióxenes de Sínope

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dióxenes de Sínope

Dióxenes de Sínope, en grego antigo, "Διογένης ὁ Σινωπεύς" (c. 413 adC, Sinop, hoxe na Turquía – c. 323, Corinto), foi un filósofo grego e talvez o maior representante do Cinismo, escola filosófica fundada por Antístenes de Atenas, que fora discípulo de Sócrates e mestre de Dióxenes.

Segundo a tradición, Dióxenes vivia a perambular polas rúas na mais completa miseria até que un dia foi aprisionado por piratas para, posteriormente, ser vendido como escravo. Un home con boa educación chamado Xeníades o comprou. Logo constatou a intelixencia de seu novo escravo e confioulle tanto a xerencia dos seus bens canto a educación dos seus fillos:

navegando a Exina foi capturado por piratas, cuxo capitán era Escirpalo, e vendido en Creta. En esta ocasión, preguntándolle o pregoeiro «que sabía facer», respondeu: «Mandar nos homes»; e sinalando co dedo a certo corintio que pasaba por alí moi ben vestido (era o Xeníades que dixemos acima), dixo: «Véndeme a este; este necesita de amo». Comprouno en efecto Xeníades; levouno a Corinto; fíxoo preceptor dos seus fillos e administrador de toda a súa casa. Portouse nela de maneira que Xeníades dicía por todas partes: «O bo xenio veu á miña casa».[1]

Dióxenes levou ao extremo os preceitos cínicos de seu mestre Antístenes. Foi o exemplo vivo que perpetuou a indiferenza cínica perante o mundo. Desprezaba a opinión pública e parece ter vivido nunha pipa ou barril. Seus únicos bens eran unha alforxa, un bastón e unha tixela (que simbolizaban o desapego e auto-suficiencia perante o mundo), sendo coñecido como o filósofo que vivia como un cán.

A felicidade - entendida como autodominio e liberdade espiritual - era a verdadeira realización de unha vida. A súa filosofía combatía o pracer, o desexo e a luxuria pois isto impedía a auto-suficiencia. A virtude - como en Aristóteles - debería ser practicada e isto era mais importante que teorías sobre a virtude.

Dióxenes é tido como o primeiro home a afirmar, "Son unha criatura do mundo (cosmos), e non de un estado ou unha cidade (polis) particular", manifestando así un cosmopolitismo relativamente raro no seu tempo.

Dióxenes parece ter escrito traxedias ilustrativas da condición humana e tamén unha República que tería influenciado Zenón de Citio, fundador do estoicismo. De feito, a influencia cínica sobre o estoicismo é bastante saliente.

Dióxenes, de John Willian Waterhouse, mostrando a súa lámpada, o seu barril e as cebolas das cales se nutría.

Probabelmente, Dióxenes foi o mais folclórico dos filósofos, son innúmeras as historias que se contaban sobre el xa na Antigüidade. É famosa, por exemplo, a historia de que saía en plena luz do dia con unha lanterna acesa procurando por homes verdadeiros (ou sexa, homes auto-suficientes e virtuosos). Igualmente famosa é súa historia con Alexandre o Grande:

Estando tomando o sol no Cranión, achegóuselle Alexandre e díxolle: «Pídeme o que queiras»; ao que respondeu el: «Pois no me fagas sombra». [2]

Esa resposta impresionou vivamente Alexandre, que, na volta, ouvindo seus oficiais zumbaren de Dióxenes, dixo: "Se eu non fose Alexandre, querería ser Dióxenes." Outra historia famosa é a de que, tendo sido reprendido por estar se masturbando en público, simplemente exclamou: "O! Mas que pena que non poda aliviar a fame apenas esfregando a barriga!"

Non se sabe cando nin de que morreu, Dióxenes Laercio refire varias historias, todas moi favorábeis ao cínico:

Acudindo os pais de estes e algúns señores, enterrárono xunto da porta que conduce ao istmo. Erixíndolle unha columna, e sobre ela un can de mármore pario. Despois tamén os seus paisanos o honraron con estatuas de bronce. [3]

Di Dióxenes Laercio que segundo Demetrio a morte de Dióxenes ocorreu no mesmo dia en que Alexandre o Grande, morreu na Babilonia. Outra lenda conta que Sócrates morreu no dia en que Dióxenes naceu.

Índice

[editar] A súa obra

O reencontro de Dióxenes e de Alexandre

É en parte por causa de seu comportamento escandaloso, que os escritos de Dióxenes caeron no case total esquecemento. A politeia (a República) de Zenón de Citio, fundador da escola estoica, basease na obra do mesmo nome escrita por Dióxenes, e onde este ataca numerosos valores do mundo grego, preconizando, entre outros, a antropofaxia, a liberdade sexual total, a indiferenza á sepultura, a igualdade entre homes e mulleres, a negación do sagrado, a arrecadación en prol da cidade e de súas leis, a supresión das armas e da moeda. por outro lado, Dióxenes consideraba o amor como sendo absurdo : un non se debe apegar a outra persoa.

Certos estoicos, por tanto próximos da corrente cínica de Dióxenes, parecen ter preferido disimular e esquecer esa herdanza xulgada « embarazosa ».

[editar] Referencias

  1. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 42
  2. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 7
  3. Dióxenes Laercio: Vidas.. Capítulo Sexto, Dióxenes o cínico, 45

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

A principal fonte de dados sobre a súa vida é Dióxenes Laercio; ver tamén as notas de Mayor sobre Xuvenal, Sátira XIV, 308-3 148

  • Dióxenes Laercio VIDAS, OPINIONES Y SENTENCIAS DE LOS FILÓSOFOS MÁS ILUSTRES Edición dixital
  • Diogenes of Sinope: The Man in the Tub, de Luis Navia. Greenwood Press, Westport Press, 1989. ISBN 0-313-30672-9.
  • García Gual, Carlos La secta del perro: vidas de los filósofos cínicos Madrid: Alianza 2005 ISBN 84-206-7767-1
  • Diogenes, Herakleitos and Diogenes, traducido por Guy Davenport. Bolinas: Grey Fox Press, 1979. ISBN 0-912516-36-4. (Complete fragments of Diogenes translated into English.)
  • Critique of Cynical Reason, de Sloterdijk, Peter. Tradución de Michael Eldred; proemio de Andreas Huyssen. Minneapolis: University of Minnesota Press, 1987

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais