Xintoísmo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O xintoísmo (do xaponés Shinto (神道 shintō?), é unha relixión nativa do Xapón. Involucra a adoración dos kami ou espíritos da natureza. Algúns kami son moi locais e son coñecidos coma espíritos ou xenios dun lugar en particular, pero outros representan obxectos naturais maiores e procesos, por exemplo, Amaterasu, a deusa do Sol.
Definición [editar]
O termo Shinto refírese ás actividades desenroladas polos xaponeses para venerar a todas as deidades do ceo e da terra; a súa orixe remóntase ós comezos do Xapón.
É considerada a relixión orixinaria do Xapón, un culto popular que pode describirse coma unha maneira sofisticada de animismo naturista con veneración ós antepasados, profundamente identificada coa cultura xaponesa.