Taurinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os taurinos ou Taurini eran unha antiga tribo celta-ligur que ocupaba o val superior do río Po, no centro do actual Piemonte. Segundo Polibio, a súa capital recibía o nome de Taurasia. Aínda que non foi posible situala arqueoloxicamente, suponse que ocupaba o lugar do actual Turín.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da cidade provén da raíz indíxena Tauro (monte), cuxo uso se estendeu entre os antigos romanos para designar tamén o pobo que o habitaba. O vocábulo confundiuse posteriormente co latino Tauro (touro), que hoxe en día segue sendo símbolo da cidade de Turín.

Historia[editar | editar a fonte]

Teatro romano de Castra Taurinorum (Turín).
Taurini Semigalli proxima gens erat in Italiam degresso.

Os Taurinos Semigalos eran o pobo máis próximo (a Aníbal) cando chegou a Italia.

No 218 aC. Aníbal atacounos como parte das esixencias do seu tratado cos insubres, con quen se encontraban en guerra desde facía tempo. Conquistou finalmente a súa capital, Taurasia, tras tres días de asedio.[1]

Apenas son citados posteriormente na Historia como pobo independente. No 27 aC. establécese o campamento romano de Castra Taurinorum ("Fortaleza dos taurinos"), que posteriormente recibiría o nome de Iulia Augusta Taurinorum (Xulia Augusta dos Taurinos).

Tanto Livio (v. 34) como Estrabón (iv. p. 209) mencionan a entrada a un paso nos Alpes no país dos taurinos, o que suxire un uso máis estendido do nome en tempos antigos, confundíndose coa rexión xeográfica que habitaban.

(os galos) cruzaron os Alpes a través dos Taurinos e os desfiladeiros de Xulia

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]