Erupción minoica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución da tefra na erupción minoica.

A erupción minoica de Thera, tamén coñecida como a erupción de Thera ou erupción de Santorini, foi unha importante e catastrófica erupción volcánica cun Índice de Explosividade Volcánica (IEV) de 6 ou 7 e unha Densidade Lítica Equivalente (DLE) de 60 km³[1][2],[1] que se calcula que se produciu a mediados do II milenio a. C..[3] A erupción foi un dos máis grandes eventos volcánicos da Terra rexistrados na historia.[4][5][6] A erupción devastou a illa de Thera (tamén chamada Santorini), incluíndo o asentamento Minoico en Akrotiri, así como as comunidades e áreas agrícolas nas illas próximas e na costa de Creta.

Non hai rexistros antigos claros da erupción, que parece inspirar a algúns mitos gregos,[7] puido causar disturbios en Exipto.

Erupción[editar | editar a fonte]

Small figures of people can be seen at the top looking into craters strewn with grey rocks.
cráteres volcánicos de Santorini, 2006

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Caldeira Santorini.

A evidencia xeolóxica mostra que o volcán Thera fixo erupción en numerosas ocasións durante varios centos de miles de anos antes da erupción minoica. Nun proceso de repetición, o volcán podería entrar en erupción violentamente, logo, eventualmente colapsar nunha caldeira máis ou menos circular chea de auga de mar, con numerosas pequenas illas formando un círculo. A caldeira sería reenchida lentamente co magma, construíndo un novo volcán, que entraría en erupción e logo derrubaríase nun proceso cíclico en curso.[8]

Inmediatamente antes da erupción minoica, as paredes da caldeira formaban unha serie de illas anulares concéntricas cunha única entrada que se estendía entre Thera e a pequena illa de Aspronisi. Esta erupción cataclísmica centrouse nunha pequena illa ao norte da illa existente de Nea Kameni no centro da caldeira entón existente. a parte norte da caldeira foi reenchido pola cinza volcánica e lava, logo derrubouse de novo.

Magnitude[editar | editar a fonte]

Investigacións feita por un equipo de científicos internacionais en 2006, revelaron que a erupción de Santorini foi moito maior que a estimación orixinal de 39 km³ de Densidade Lítica Equivalente (DLE), ou o volume total de material expulsado desde o volcán, que se publicou en 1991..[1] Cun DLE estimado de máis de 60 km³, o volume de ejecta foi de aproximadamente 100 km³.[9] Si é así, o Índice de Explosividade Volcánica (IEV) foi 7. O volcán expulsou ata catro veces máis que a erupción ben rexistrada polo Krakatoa en 1883. A erupción volcánica de Thera e a posterior caída de cinza probablemente esterilizou a illa, como ocorreu en Krakatoa. Só a erupción volcánica do Monte Tambora de 1815, como a erupción Hatepe do Lago Taupo ao redor do 180, e talvez a erupción da Montaña Baekdu ao redor do 970 lanzou máis material á atmosfera durante os tempos históricos.

Secuencia[editar | editar a fonte]

En Santorini, hai unha grosa capa de tefra branca de 60 m. que cobre o chan delineando claramente o nivel do chan antes da erupción. Esta capa ten tres bandas distintas que indican as diferentes fases da erupción.[10] Os estudos identificaron catro grandes fases da erupción, e unha capa menor de tefra previa. A delgadeza da primeira capa de cinzas, xunto coa notable falta de erosión desa capa polas choivas do inverno antes de que depositara a seguinte capa, indican que o volcán deu unha advertencia á poboación local poucos meses antes. Dado que non atopáronse restos humanos no sitio de Akrotiri, esta actividade volcánica preliminar causou probablemente a fuxida da poboación da illa. Tamén se suxire que varios meses antes da erupción, Santorini experimentou un ou máis terremotos, que danou os asentamentos locais.[11][12]

A intensa actividade magmática da primeira fase importante (B01/ minoica A) da erupción depositou ata 7 m de pedra pómez e cinzas, cun compoñente lítico menor ao sueste e o leste. A evidencia arqueolóxica indican o enterramento de estruturas artificiais con danos limitados. A segunda (B02/minoica B) e terceira (B03/minoica C) fases da erupción incluíron fluxo piroclástico e a posible xeración de tsunamis. As estruturas artificiais non enterradas durante a minoica 1 foron completamente destruídas. A terceira fase tamén se caracterizou polo inicio do colapso da caldeira. A cuarta e última fase principal (B04/minoica D) estivo marcada por actividade variada: fluxos de depósitos ricos en base lítica, lahares, fluxos de cascallos, e depósitos de cinzas de ignimbrita. Esta fase caracterízase polo colapso total da caldeira, que produciu o tsunami.[13]

Xeomorfoloxía[editar | editar a fonte]

Enclave of structures built into the side of a steep cliff. Swimming pools are visible.
Mansións e hoteis nos escarpados cantils

Aínda que non se coñece o proceso de fractura, a análise estatística de altitude indica que a caldeira formouse xusto antes da erupción. Durante este período, a superficie da illa era máis pequena e as costas sur e leste parecían en regresión. Durante o período de erupción a paisaxe estaba cuberta polos sedimentos de pedra pómez. Nalgúns lugares, a costa desapareceu baixo grosas deposicións de toba, e outras liñas de costas recentes estendéronse cara ao mar. Logo da erupción, a xeomorfoloxía da illa caracterízase por unha fase de erosión intensa, durante a cal a pedra pómez foi retirándose progresivamente das zonas altas cara ás inferiores.[14]

Vulcanoloxía[editar | editar a fonte]

Esta erupción pliniana resultou nun penacho de cinzas estimado de 30 a 35 km. de altura, que se estendeu ata a estratosfera. Ademais, o magma que saíu do volcán entrou en contacto coa auga mariña da baía, o que ocasionou nunha violenta erupción de vapor.

A erupción tamén xerou un tsunami de 35 a 150 m. dealtura que devastou a costa norte de Creta, a 110 km. de distancia. O tsunami afectou a cidades costeiras, como Amnisos, onde derribou paredes dos edificio ou deixounas fóra da aliñación. Na illa de Anafi, a 27 km. ao leste, atopáronse capas de cinza de 3 m. de espesura, como así como capas de pedra pómez en abas a 250 m. sobre o nivel do mar.

Noutras partes do Mediterráneo hai depósitos de pedra pómez que poderían ser causadas pola erupción de Thera. Capas de cinza en perforacións no fondo do mar e de lagos en Turquía, mostran que a maior caída de cinza foi cara ao leste e nordeste de Santorini. A cinza que se atopa en Creta agora sábese que foi dunha fase preliminar da erupción, algunhas semanas ou meses antes das principais fases eruptivas, e tivo pouco impacto na illa. Afirmouse que acharonse depósitos de cinza de Santorini no delta do Nilo,[15] pero agora sábese que isto foi un erro de identificación.[16][17]

Datación da erupción[editar | editar a fonte]

Santorini 3D
Monos nun fresco atopado en Akrotiri. c. 1640 a.C. (aproximadamente unha década antes da explosión de Santorini)

.

A erupción minoica é un marcador clave para a cronoloxía da Idade de Bronce do mundo mediterráneo oriental. Proporciona un punto fixo para aliñar toda a cronoloxía do segundo milenio antes de Cristo no mar Exeo, porque a evidencia da erupción atópase en toda a rexión. Malia esta evidencia, a data exacta da erupción é difícil de determinar. Tradicionalmente, os arqueólogos sitúana aproximadamente o 1500 a.C.[12][18] As datas de radiocarbono, incluíndo a análise dunha rama de oliveira enterrada debaixo dun fluxo de lava do volcán deu unha data entre 1627 a.C. e 1600 a.C (95% intervalo de confianza ), suxiren unha data máis dun século antes.[19][20][21] Polo tanto, as datas do radiocarbono e as datas arqueolóxicas están en substancial desacordo.[22]

Os aneis das árbores datan a erupción no 1628 a.C.[23][24]

Impacto histórico[editar | editar a fonte]

Civilización minoica[editar | editar a fonte]

Excavation into rock showing doors and windows among the rubble.
A escavación de Akrotiri en Thera
A simple golden figure, displayed.
O único obxecto de ouro atopado na escavación de Akrotiri, unha pequena escultura dun ibice que estaba oculto baixo o chan; unha gran evacuación debeu suceder antes da catástrofe xa hai poucos artefactos e non hai cadáveres enterrados nas cinzas

A erupción devastou o asentamento minoico próximo ao Akrotiri en Santorini, que foi sepultado por unha capa de pedra pómez.[25] Crese que a erupción tamén afectou gravemente á poboación minoica en Creta, aínda que a magnitude do impacto é debatido. As primeiras teorías propoñen que a caída de cinza de Thera na metade oriental de Creta afogou a vida das plantas, causando a inanición da poboación local.[26] Pero, logo de exames de campo máis exhaustivas, esta teoría perdeu credibilidade, xa que se determinou que en ningún lugar de Creta caeron máis de 5 mm. de cinzas..[27] Propuxéronse outras teorías baseadas na evidencia arqueolóxica atopada en Creta que indica que un tsunami, probablemente asociado á erupción, impactou en áreas do litoral de Creta e puideron devastar os asentamentos costeiros dos minoicos.[28][29][30][31] Outra teoría é que gran parte do dano feito aos asentamentos minoicos son o resultado dun gran terremoto, e o lume que causou, que precedeu a erupción de Thera.[32][33]

En Thera atopáronse importantes restos minoicos da era Minoica tardía encima do nivel da capa de cinzas e do nivel estratigráfico do tsunami, polo que non está claro se estas causas naturais foron suficientes para provocar a caída da civilización minoica. Como os minoicos eran unha potencia marítima e dependía dos buques para a súa subsistencia, a erupción de Thera probablemente causou dificultades económicas significativas para os minoicos. Si estes efectos foron suficientes para desencadear a caída da civilización é intensamente debatido. A conquista micénica produciuse a finais de período minoico II. Os micénicos eran unha civilización militar. Usando a súa armada funcional e un exército ben equipado eran capaces dunha invasión. O armamento micénico atopouse nos enterros en Creta. Isto demostra a influencia militar micénica non moitos anos logo da erupción.[34] Moitos arqueólogos especulan que a erupción causou unha crise na civilización minoica, facéndoos vulnerables á conquista polos micénicos.

Rexistros chineses[editar | editar a fonte]

O inverno volcánico causado por unha erupción a finais do século XVII a.C. foi usado por algúns investigadores para comparalo cás entradas nos rexistros chineses que documentan o colapso da dinastía Xia da China. Segundo os Anais do Bambú, o colapso da dinastía e o auxe da dinastía Shang, que sucederon aproximadamente no 1618 a.C., foron acompañados por "néboa amarela, un tenue sol, tres soles, xeadas en xullo, a fame e a extinción dos cinco cereais"..[35]

Efecto na historia de Exipto[editar | editar a fonte]

Non quedan rexistros escritos exipcios da erupción, e a ausencia de tales rexistros ás veces atribúense á desorde xeral en Exipto ao redor do Segundo Período Intermedio.

Fortes tormentas que devastaron gran parte de Exipto, e foron descritas na Estela da tempestade de Amosis I, os cambios climáticos a curto prazo atribuíronse á erupción de Thera.[35][36][37]

Aínda que argumentouse que os danos desta tormenta puideron ser causados por un terremoto trala erupción de Thera, tamén suxeriuse que foi causada durante unha guerra cos hicsos, e a referencia a unha "tormenta" non é máis que unha metáfora para o caos, no que o faraón estaba tratando de impoñer a orde.[38]

Documentos, como o Speos Artemidos de Hatshepsut, representan tormentas similares, pero falan claramente en sentido figurado, non literalmente. As investigacións indican que este ronsel particular é só outra referencia ao Faraón superando os poderes do caos e a escuridade.

Tradicións gregas[editar | editar a fonte]

A erupción de Thera e a choiva volcánica puido inspirar aos mitos da Titanomaquia na Teogonía de Hesíodo. A titanomaquia podería ter colleitado elementos da memoria popular da Anatolia occidental como conto que estendeuse cara ao oeste. As liñas de Hesíodo comparáronse coa actividade volcánica, citando aos raios de Zeus como raios volcánicos, a terra e o mar fervendo como resultado do colapso da cámara magmática, inmensa lapas e calor como evidencia da explosión freática, entre outras moitas descricións.[39]

Atlantida[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Hipótese sobre a Atlántida.

Existe algunha evidencia arqueolóxica, sismolóxica e vulcanolóxica de que o mito da Atlántida, descrito por Platón, baséase na erupción de Santorini.[25][28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Santorini eruption much larger than originally believed". University of Rhode Island. 23 August 2006. Consultado o 2007-03-10. 
  2. "The size of the Minoan eruption". VolcanoDiscovery. Consultado o 2 November 2013. 
  3. Hardy DA (1989). "Therea and the Aegean World III", Volume III—Chronology (Proceedings of the Third International Congress, Hardy DA, editor). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2019. Consultado o 2008-03-16. 
  4. Oppenheimer, Clive (2003). "Climatic, environmental and human consequences of the largest known historic eruption: Tambora volcano (Indonesia) 1815". Progress in Physical Geography 27 (2): 230–259. doi:10.1191/0309133303pp379ra. 
  5. McCoy, FW, & Dunn, SE (2002). "Modelling the Climatic Effects of the LBA Eruption of Thera: New Calculations of Tephra Volumes May Suggest a Significantly Larger Eruption than Previously Reported" (PDF). Chapman Conference on Volcanism and the Earth's Atmosphere. Thera, Greece: American Geographical Union. Consultado o 2007-05-29. 
  6. Sigurdsson H, Carey, S, Alexandri M, Vougioukalakis G, Croff K, Roman C, Sakellariou D, Anagnostou C, Rousakis G, Ioakim C, Gogou A, Ballas D, Misaridis T, & Nomikou P (2006). "Marine Investigations of Greece's Santorini Volcanic Field". Eos 87 (34): 337–348. Bibcode:2006EOSTr..87..337S. doi:10.1029/2006EO340001. 
  7. Greene, MT (2000). Natural Knowledge in Preclassical Antiquity. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-6371-4. 
  8. Friedrich, WL (1999). Fire in the Sea, the Santorini Volcano: Natural History and the Legend of Atlantis. Cambridge University Press. ISBN 0-521-65290-1. 
  9. "Santorini - Eruptive history". Programa Global de Vulcanismo. Instituto Smithsoniano. Consultado o 2009-01-01. 
  10. Davidson, DA (1979). "Aegean Soils During the Second Millennium B.C. with Reference to Thera". Thera and the Aegean World I. Papers presented at the Second International Scientific Congress, Santorini, Greece, August 1978. UK: The Thera Foundation. pp. 725–739. ISBN 0-9506133-0-4. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2007. Consultado o 2007-03-10. 
  11. Gournelos, Theodoros; Evelpidou, Niki; Vassilopoulos, Andreas; Chartidou, Konstantia (2008). "Geomorphological Study of Thera". En Vassilopoulos, Andreas. Geoinformation Technologies for Geocultural Landscapes. CRC Press. p. 247. ISBN 0-415-46859-0. 
    *Heiken, G; McCoy, F (1990). "Precursory Activity to the Minoan Eruption, Thera, Greece". Thera and the Aegean World III, Vol 2. London: The Thera Foundation. pp. 79–88. 
  12. 12,0 12,1 Sivertsen, Barbara J. (2009). "The Minoan Eruption". The Parting of the Sea. Princeton University Press. p. 25. ISBN 0-691-13770-6. 
  13. Savino, John; Jones, Marie D. (2007). "Aftereffects of Volcanoes". Supervolcano. Career Press. p. 88. ISBN 1-56414-953-6. 
    *McCoy, Floyd W.; Heiken, Grant (2000). "Tsunami Generated by the Late Bronze Age Eruption of Thera (Santorini), Greece". Pure and Applied Geophysics 157 (157): 1235–1241. Bibcode:2000PApGe.157.1227M. doi:10.1007/s000240050024. 
  14. Gournelos, T; Evelpidou, N; Vassilopolous, A; Konstantia, C (2008). "Geomorphological Study of Thera and the Akrotiri Archeological Site". En Vassilopoulos, A; Evelpidou, N; Bender, O; Krek, A. Geoinformation technologies for geocultural landscapes: European perspective. CRC Press. pp. 237–54. ISBN 0-415-46859-0. 
  15. Stanley, DJ & Sheng, H (1986). "Volcanic shards from Santorini (Upper Minoan ash) in the Nile Delta, Egypt". Nature. 320, 1986 (6064): 733–735. Bibcode:1986Natur.320..733S. doi:10.1038/320733a0. 
  16. Guichard, F; et al. (1993). "Tephra from the Minoan eruption of Santorini in sediments of the Black Sea". Nature 363 (6430): 610–612. Bibcode:1993Natur.363..610G. doi:10.1038/363610a0. 
  17. Liritzis I, Michael C, Galloway RB (1996). "A significant Aegean volcanic eruption during the second millennium BC revealed by thermoluminescence dating". Geoarchaeology 11 (4): 361–371. doi:10.1002/(SICI)1520-6548(199607)11:4<361::AID-GEA4>3.0.CO;2-#. 
  18. Warren P.M. (2006). Czerny E, Hein I, Hunger H, Melman D, Schwab A, ed. Timelines: Studies in Honour of Manfred Bietak (Orientalia Lovaniensia Analecta 149). Louvain-la-Neuve, Belgium: Peeters. pp. 2: 305–321. ISBN 90-429-1730-X. 
  19. Friedrich, Walter L; Kromer, B, Friedrich, M, Heinemeier, J, Pfeiffer, T, and Talamo, S (2006). "Santorini Eruption Radiocarbon Dated to 1627-1600 B.C". Science (American Association for the Advancement of Science) 312 (5773): 548. PMID 16645088. doi:10.1126/science.1125087. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 2007-03-10. 
  20. Manning, Sturt W; Ramsey, CB, Kutschera, W, Higham, T, Kromer, B, Steier, P, and Wild, EM (2006). "Chronology for the Aegean Late Bronze Age 1700-1400 B.C". Science (American Association for the Advancement of Science) 312 (5773): 565–569. Bibcode:2006Sci...312..565M. PMID 16645092. doi:10.1126/science.1125682. Consultado o 2007-03-10. 
  21. Manning, SW (2003). "Clarifying the "high" v. "low" Aegean/Cypriot chronology for the mid second millennium BC: assessing the evidence, interpretive frameworks, and current state of the debate" (PDF). En Bietak, M; Czerny E. The Synchronisation of Civilisations in the Eastern Mediterranean in the Second Millennium B.C. III. Proceedings of the SCIEM 2000 - 2nd EuroConference, Vienna 28th of May - 1st of June 2003. Vienna, Austria. pp. 101–137. 
  22. Balter, M (2006). "New Carbon Dates Support Revised History of Ancient Mediterranean". Science 312 (5773): 508–509. PMID 16645054. doi:10.1126/science.312.5773.508. 
  23. Baillie, MGL (1989). "Irish Tree Rings and an Event in 1628 BC". The Thera Foundation. Consultado o 2007-03-10. 
  24. Grudd, H, Briffa, KR, Gunnarson, BE, & Linderholm, HW (2000). "Swedish tree rings provide new evidence in support of a major, widespread environmental disruption in 1628 BC". Geophysical Research Letters 27 (18): 2957–2960. Bibcode:2000GeoRL..27.2957G. doi:10.1029/1999GL010852. 
  25. 25,0 25,1 Vergano, Dan (2006-08-27). "Ye gods! Ancient volcano could have blasted Atlantis myth". USA Today. Consultado o 2008-03-09. 
  26. Marinatos, S (1939). "The Volcanic Destruction of Minoan Crete". Antiquity 13: 425–439. 
  27. Callender, G (1999). The Minoans and the Mycenaeans: Aegean Society in the Bronze Age. Oxford University Press. ISBN 0-19-551028-3. 
  28. 28,0 28,1 Lilley, Harvey (20 April 2007). "The wave that destroyed Atlantis". BBC Timewatch. Consultado o 2008-03-09. 
  29. Antonopoulos, J. (1992). "The great Minoan eruption of Thera volcano and the ensuing tsunami in the Greek Archipelago". Natural Hazards 5 (2): 153–168. doi:10.1007/BF00127003. 
  30. Pareschi, MT, Favalli, M & Boschi, E (2006). "Impact of the Minoan tsunami of Santorini: Simulated scenarios in the eastern Mediterranean". Geophysical Research Letters 33 (18): L1860. Bibcode:2006GeoRL..3318607P. doi:10.1029/2006GL027205. .
  31. B. Molloy, F. McCoy, R. Megarry and D. Govantes-Edwards, M. Pavlacky. 2014. 'Tephra, tsunamis and chronology at Priniatikos Pyrgos' in B. Molloy and C. Duckworth (eds) A Cretan Landscape through Time: Priniatikos Pyrgos and Environs. Oxford: BAR
  32. Page, D. L., The Santorini Volcano and the Destruction of Minoan Crete (The Society for the Promotion of Hellenic Studies, London, 1970)
  33. Panagiotaki M. (2007). "The impact of the eruption of Thera in the Central Palace sanctuary at Knossos, Crete". Mediterranean Archaeology & Archaeometry 5 (2). Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 2008-07-03. 
  34. Bruce Bowen: Mycenae and Minoan Crete, 2000,
  35. 35,0 35,1 Foster, KP, Ritner, RK, and Foster, BR (1996). "Texts, Storms, and the Thera Eruption". Journal of Near Eastern Studies 55 (1): 1–14. doi:10.1086/373781. 
  36. EN, Davis (1990). "A Storm in Egypt during the Reign of Ahmose". Thera and the Aegean World III. Thera Foundation. Consultado o 2007-03-10. 
  37. Goedicke, Hans (1995). Studies about Kamose and Ahmose. Baltimore: David Brown Book Company. Chapter 3. ISBN 0-9613805-8-6. 
  38. Wiener, MH; Allen, JP (1998). "Separate Lives: The Ahmose Tempest Stela and the Theran Eruption". Journal of Near Eastern Studies (University of Chicago Press) 57: 1–28. doi:10.1086/468596. 
  39. Luce, John Victor (1969). The end of Atlantis: New light on an old legend (New Aspects of Antiquity). London: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-39005-4.