Despotismo hidráulico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Antigo Exipto, arredor do río Nilo.

O despotismo hidráulico é un termo para un despotismo mantido a través do control dun recurso único e necesario. Foi creado polo teórico alemán Karl A. Wittfogel na súa obra Despotismo oriental en 1957. Na súa forma orixinal, controlaba literalmente a auga. No antigo Exipto e na Babilonia, e por extensión Wittfogel agregaba a Unión Soviética e a República Popular Chinesa, o goberno controlaba as canles de irrigación. As persoas leais recibían unha abondosa cantidade de auga pra os seus cultivos, mentres que os menos leais recibían moi pouca ou ningunha e, polo tanto, os seus cultivos estragábanse.

Se o uso deste termo pode ser usado pra un (case) monopolio, en forma algo máis esotérica, por exemplo na tecnoloxía, é discutido.

Modo de produción asiático[editar | editar a fonte]

O concepto de despotismo oriental xa fora exposto por Karl Marx no seu caderno Formacións económicas precapitalistas (1858), "resultado de 15 anos de investigacións", no cal establece as formas históricas diversas mediante as cales, a propiedade comunal orixinal humana, na cal non hai propiedade privada da terra, pasou ata a propiedade privada do chan e finalmente ata a separación entre o produtor e a terra, distinguindo da forma antiga romana e da xermánica, unha forma asiática orixinal.

Para Marx a comunidade mesma representa a primeira gran forza produtiva. As condicións obxectivas impuxeron a unidade das comunidades pra empresas comúns como as canalizacións de auga, as vías de comunicación e intercambio ou a guerra pra asegurar un territorio pra a subsistencia. Esta unidade na medida na que se perpetuou fíxose indispensable, apareceu distinta e por riba das moitas comunidades, converténdose como tal no verdadeiro propietario de todo. A unidade suprema rematou encarnada no déspota (Faraón, Emperador, Tsar, Inca, Rei), gran pai de numerosas comunidades, ao que se liga dunha ou outro xeito á divindade. Entón a unidade suprema sistematiza a apropiación do pluspruduto, que toma a forma de tributo ou de traballos colectivos para o déspota e a elite.

Este sistema chegou á súa "perfección" e expansión instaurado por centros soberanos tras sucesivas guerras e conquistas, tanto en Asia, como no antigo Exipto, México ou o Perú. John V. Murra (1955) estudou a organización económica do estado Inca, como un caso desenvolvido e eficiente de despotismo comunal, anotando non soamente a relación coas formas asiáticas, senón coas economías e estruturas de poder africanas ashanti, ruanda, dahomey ou yoruba e aínda coas hawaianas. Destaca por exemplo o descubrimento do parecido entre a dopkwe dahomeiana e a mita incaica (aproveitada logo polos conquistadores españois).

Maurice Godelier (1966), Jean Chesneaux (1969) e Roger Bartra, encargáronse de sistematizar os estudos de caso e a teoría respecto diso, dentro do concepto de modo de produción asiático, que pra universalizar algúns chamaron despotismo comunal. Hermes Tovar (1974) a partir do estudo da sociedade Muisca desenvolveu pra determinadas formacións sociais indíxenas americanas o concepto de modo de produción precolombino.

Sistematizadamente, este sistema económico, contemporáneo do escravismo europeo, consistía en que un pobo tiña que entregar un pago ou tributo ao seu soberano ou a un pobo conquistador, tributo que era comunmente bens agrícolas, e nalgúns casos menos comúns, materiais de construción.

O traballo e a responsabilidade eran colectivos. A labor facíase nas terras comunais, xa que a comunidade como un todo era a que entregaba o tributo.

Nos casos no que se trataba dunha conquista, o pobo vencedor non desposuía á poboación vencida do seu territorio, e os vencidos conservaban as súas mesmas tradicións, trazos e costumes.

Na ficción[editar | editar a fonte]

A novela Dune de Frank Herbert establece un universo centrado nun despotismo hidráulico: a especia melange, esencial para, entre outras cousas, as viaxes espaciais. Dise que "quen controla a especia controla o universo".

Na película Desafío total, o aire en Marte é controlado por unha autoridade central, a cal actúa como unha déspota hidráulica.

Na popular saga de videoxogos de rol de Squaresoft "Final Fantasy", máis concretamente en Final Fantasy 7, o mundo é gobernado por unha corporación que controla a economía e destrúe ao planeta.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Marx, Karl 1858 Formaciones económicas precapitalistas. Prólogo de Eric Hobsbawm. Siglo XXI Editores, Cuadernos de Pasado y Presente, México, 1971. ISBN 9-68230-051-7
  • Murra, John V. 1955: La organización económica del Estado Inca. Tradución de Daniel R. Wagner, Siglo XXI editores, terceira edición, México, 1983. ISBN 968-23-0036-3
  • Wittfogel, Karl A. 1957: Oriental Despotism, New Haven, Yale University Press. Tradución de Francisco Presedo, Despotismo oriental: estudio comparativo del poder totalitario; Guadarrama, Madrid 1966. ISBN 84-250-5201-7
  • Godelier, Maurice 1964: "La noción de modo de producción asiático y los esquemas marxistas de evolución de las sociedades"; tradución de Alberto Méndez en Sobre el modo de producción asiático: 13-64; Ediciones Martínez Roca,1977. ISBN 84-7339-411-9
1969: Las sociedades primitivas y el nacimiento de las sociedades de clases según Marx y Engels : Un Balance Crítico. Tradución de Mario Arrubla e Jorge Orlando Melo. La Oveja Negra, Bogotá.
1987: "Introducción: el análisis de los procesos de transición"; Revista Internacional de Ciencias Sociales, UNESCO, XXXIX, 114, Los procesos de Transición Estudios de casos Antropológicos: 3-15. ISSN 0379-0762
  • Chesneaux, Jean 1965: "El modo de producción asiático"; en El modo de producción asiático: 23-69, Roger Bartra (comp. y trad.), Grijalbo, México, 1969.
  • Bartra, Roger (Compilador) 1969: El Modo de Producción Asiático: antología de textos sobre problemas de la historia de los países coloniales. Quinta edición Ediciones Era, México, 1986. ISBN 84-249-2903-9
1975: Marxismo y sociedades antiguas, el modo de producción asiático en el México Prehispánico. Editorial Grijalbo, México.
  • Tovar, Hermes 1974: Notas sobre el Modo de producción precolombino. Editorial Aquelarre, Bogotá.
1990: Formaciones Sociales Prehispánicas. Editorial El Búho, Bogotá. ISBN 9023-45-2
  • Ruiz Rodríguez, Arturo y otros 1979: Primeras sociedades de clase y modo de producción asiático. Akal, Madrid. ISBN 84-7339-411-9
  • Plá, Alberto J. 1979: Modo de producción asiático y las formaciones económico-sociales inca y azteca. Ediciones El Caballito, México.