Peloponeso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Peloponeso (en grego, Πελοπόννησος) constitúe unha larga península no sur da Grecia, separada do continente polo Istmo de Corinto.

A periferia do Peloponeso.

Etimoloxicamente, o seu nome deriva do antigo heroe grego Pélops, (Πέλοψ), fillo de Tántalo e antepasado dos Atridas, o cal tería dominado toda a rexión, e da palabra grega que designa illa, νησος (nesos), de onde teríamos o nome Illa de Pélops. Nótese, por exemplo, a presenza deste último elemento nunha outra designación xeográfica do país – as doce illas que constitúen o arquipélago do Dodecaneso (Δωδεκάνησα), palabra grega que significa precisamente doce (δώδεκα, dódeka) illas (νησα, nesa).

Curiosamente, o Peloponeso só se tornou verdadeiramente unha illa acando da abertura do Canal de Corinto, en 1893. En 2004, o Peloponeso gañou unha segunda ligazón coa Grecia Continental, coa inauguración da Ponte Río-Antirio.

Do Peloponeso veu o nome da Guerra do Peloponeso que opuxo, na Antigüidade Clásica, a Atenas, a potencia marítima da Hélade, situada na Ática, a Esparta, a potencia continental, que se achaba no sur da península.

Nos tempos medievais, a península foi chamada Morea, por se asemellar vagamente a unha folla de amoreira.

Aínda que o termo "Peloponeso" sexa frecuentemente usado para se referir á totalidade da península, na división administrativa provincial grega, a periferia (περιφέρειες) con ese nome inclúe só unha parte da península, composta por cinco prefecturas, ou nomoi (do grego νόμοι, plural de νόμος, nómos):

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Esta periferia ten a súa capital na cidade de Patras.

O resto das prefecturas do Peloponeso (a Acaia e maila Élida), aínda que facendo xeograficamente parte da península, forman parte da periferia da Grecia Occidental.