Mika Waltari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mika Waltari.jpg

Mika Toimi Waltari, nado en Helsinki en 1908 e finado en 1979, foi un escritor finlandés, famoso especialmente pola súa novela Sinuhé, o exipcio.

Traxectoria [editar]

Fillo dun pastor luterano, quedou orfo aos cinco anos. Comezou a estudar teoloxía na Universidade de Helsinki, pero acabou interesándose pola literatura e a filosofía. En 1925 publicou o seu primeiro libro, pero foi na súa estadía en París en 1927 cando escribiu a súa primeira novela, A grande ilusión (Suuri illusioni). Nesa época Waltari converteuse nun dos líderes do movemento literario inspirado no futurismo italiano e ruso, ainda que terminaría por adoptar posicións ultraconservadoras.

Durante a Guerra de Inverno e a Guerra de Continuación traballou no servizo de información do goberno. En 1945 publicou a novela histórica Sinuhé, o exipcio (Sinuhe egyptiläinen), baseada na Historia de Sinuhé exipcia, que é a súa novela máis popular e recoñecida; nela analiza a perda dos valores espirituais nun mundo materialista.

Véxase tamén [editar]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: