Beluchistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Baluchistán.

Beluchistán[1] é unha rexión de Asia, repartida entre tres países: o oeste de Beluchistán pertence a Irán (provincia de Sistán e Baluchistán); o norte pertence a Afganistán; e a parte leste, á provincia paquistaní de Baluchistán.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

No nordeste da rexión elévanse os montes Sulayman, que marcan os límites entre o Beluchistán e o Punjab, en Paquistán. Esta cadea montañosa en forma de arco culmina no pico de Kalifat, de 3487 m de altura, ó este de Quetta. Estas montañas ábrense cara a chaira de Kacchi a través do porto de Bolan, paso histórico dos comerciantes que facían o traxecto entre Oriente Medio e o subcontinente indio. Na zona descubríronse numerosos xacementos arqueolóxicos antigos (Cultura do val do Indo).

Ao sueste, a cadea montañosa de Khirtar esténdese ata o deserto de Makrán que ocupa a zona costeira do Golfo de Omán. Para rematar, cara ao leste o territorio acaba na fronteira de Karachi, que foi a primeira capital de Paquistán, co chamado "cemiterio de barcos".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver entrada de «Zaheda». Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2250. ISBN 9788482893600.