Atenas - Αθήνα
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
![]() |
|||
| Información | |||
| País | Grecia | ||
| Prefeitura | Ática | ||
| Superficie | 427 km2 | ||
| Poboación | 5.005.514 (2006) | ||
| Densidade | 19.619 h/km² | ||
| Alcalde | Theodoros Mpehrakis | ||
| www.cityofathens.gr Páxina Oficial | |||
Atenas (en grego Athina ou Αθήνα) é a capital da Grecia e tamén a capital da rexión grega da Ática. Ademais de ser unha cidade moderna, Atenas tamén é famosa por ter sido unha poderosa cidade-Estado e un centro de cultura moi importante nos tempos antigos.
En grego antigo, Atenas era chamada Athenai (Αθήναι) e, no século XIX, este nome foi retomado formalmente como nome da cidade. Desde o abandono oficial do grego Katharevousa, na década de 1970, a forma popular Athina tornouse o nome oficial da cidade.
Índice |
[editar] Localización
Incluindo os suburbios, Atenas ten unha poboación de cerca de 5 millóns de habitantes, case un terzo da poboación total da Grecia. Atenas creceu rapidamente nos últimos anos e ven sufrindo problemas urbanos como superpoboación, atascos e polución do aire.
Atenas espállase pola planicie central de Ática, que está limitada polo monte Aegaleo a oeste, monte Parnita ao norte, monte Penteli a nordeste, monte Hímetus a leste, e o Golfo Sarónico ao sudoeste. Atenas expandiuse de modo que cubriu toda a planicie, sendo, por tanto, pouco probábel que a cidade medre en área de forma significativa no futuro debido as fronteiras naturais. A xeomorfoloxía de Atenas causa frecuentemente fenómenos de inversións térmicas, parcialmente causadas polo problema de polución. (Os Ánxeles posúe unha xeomorfoloxía semellante e problemas decorrentes semellantes).
A terra é rochosa e de baixa fertilidade. O antigo local da cidade estaba centrado na colina rochosa da Acrópolis. En tempos antigos, o porto de Piraeus (nome moderno: Pireas) era una cidade á parte, sendo actualmente parte da grande Atenas.
O centro da cidade é a Praza Sintagma (Praza da Constitución), local do antigo Pazo Real, do Parlamento Grego e outros edificios públicos do século XIX. A maioría das partes antigas da cidade concentranse ao redor deste centro.
Atenas foi sede dos Xogos Olímpicos de 2004, así como dos primeiros xogos olímpicos modernos, os xogos de Atenas, en 1896, e as olimpíadas intermedias de 1906.
[editar] Administración e goberno
Atenas é a capital de Grecia pero tamén é a capital da Periferia de Ática e da Prefectura de Atenas. A cidade é a capital do país desde 1834 ao se trasladar desde Nafplion, a capital provisoria durante a Guerra de Indendencia Grega.
[editar] Municipio de Atenas
A cidade moderna de Atenas consiste nun conglomerado de distintas vilas e aldeas que gradualmente converxeron unha única gran metrópole, a maior parte desta expansión aconteceu durante a segunda metade do século XX. A Gran Atenas divídese en 55 municipios, o maior é o Municipio de Atenas ou Dimos Athinaion, que ten unha poboación de 745.514 habitantes e divídese en sete distritos municipais ou demotika diamerismata, que se utilizan a efectos administrativos aínda que popularmente a cidade divídese en barrios, cada un coa súa propia historia e características, entre eles están Pangrati, Ambelokipi, Exarcheia, Ano Patissia, Kato Patissia, Ilissia, Ano e Kato Petralona, Mets, Koukaki e Kypseli.
[editar] Cidades irmás
Washington DC, Estados Unidos
Os Ánxeles, California, Estados Unidos (1984)[1]
Chicago, Illinois, Estados Unidos (1997)[2]
Philadelphia, Pennsylvania, Estados Unidos
Boston, Massachusetts, Estados Unidos
Athens, Georgia Estados Unidos
Cluj-Napoca Romanía
Montreal, Canadá
París, Francia
Roma, Italia
Xénova, Italia
Florencia, Italia
Madrid, España
Barcelona, España
Lisboa, Portugal
Belgrado, Serbia (1966)
Cali, Colombia
Praga, República Checa
Moscova, Rusia
Beixing, China (2005)[3]
Xi'an, China
Istambul, Turquía
Nicosia, Chipre
Beirut, Líbano
Santiago de Chile, Chile
Rabat, Marrocos
O Cairo, Exipto
Cusco, Perú
Iereván, Armenia
Sofía, Bulgaria
Bucarest, Romanía
Varsovia, Polonia
Kiev, Ucraína
Tirana, Albania
Tbilisi, Xeorxia
Ljubljana, Eslovenia
A Habana, Cuba
Bethlehem, Palestina
|
1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Ámsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenhague · 1997: Tesalónica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reiquiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Boloña · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Xénova · Lille · 2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Istambul · 2011: Turku · Talín · 2012: Guimaraes |
|


