Ur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Ur (ou Urim) era unha antiga cidade no sur da Mesopotamia, orixinalmente localizada preto da boca do río Éufrates e Tigris no Golfo Pérsico e preto de Eridu. Crese que é o berce da primeira civilización da Historia, en Ur durante o V milenio adC xa se coñecía a roda e é esta antiga cidade sumeria un dos primeiros lugares do planeta no que se atopan escrituras completas.

O lugar está marcado polas ruínas dun ziqqurat, que se conservou bastante ben, e polo montículo asentamento. O zigurat é un templo a Nanna e ten dous niveis construídos con ladrillo: no nivel inferior os ladrillos están unidos con betún, no nivel superior están unidos con morteiro.

Segundo a Biblia é o lugar de nacemento de Abraham.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade de Ur en Mesopotamia

A cidade aparece pouco despois do 3000 adC e cara ao 2650 adC gobérnaa Akalamdug quen conseguira evitar a hexemonía de Kish e apoderouse de Uruk. Máis tarde atopamos unha raíña chamada Puabi, a tumba da cal atopouse intacta.

Cara ao 2350 adC Ur caeu baixo a hexemonía de Umma e cara ao 2335 adC en mans de Sargón de Acad. Ao morrer Sargon sublevouse como outras cidades no 2284 adC, sen éxito. Cara a finais de século xa se independizou pero o 2164 adC houbo de someterse a Lagash.

O período en torno ao 2100 adC sinala un momento catastrófico para esta cidade, o conxunto de tablillas con escritura cuneiforme chamado "Lamentacións de Ur" indican un estendido período de seca acompañado de desertización que practicamente destruíron a esta cidade que era o centro dun dos chamados estado de regadío. A desertización foi acompañada dunha terrible fame negra e consecuente mortaldade. Tal catástrofe natural actualmente explícase polo haberse producido no Océano Pacífico meridional un "megaNeno" cuxos efectos reflexos na rexión de Asia na cal atopábase Ur foron unha drástica diminución das precipitacións. A este conxunto de catástrofes naturais acompañoulle unha forte decadencia e inestabilidade do poderío político da cidade.

Cara ao 2116 adC foi ocupada por Utukhengal de Uruk. O xeneral Ur-Namu, gobernador de Ur por conta de Uruk, independízase o 2111 adC e ocupa Uruk e Lagash. O seu fillo Shulgi alíase co reino de Marakshi (ou Waraksh) e fai expedicións cara aos chamados reinos bárbaros do leste (Urbillum, Lullu, Kakakhar, Qutum, Simurrum e Simash).

No 2025 adC Eshunna sublévase e independízase. Larsa seguiu o mesmo camiño. O ano seguinte foi o Elam (Awan e poida que algún outro reino), e no 2023 adC foi Lagash; no 2022 adC sublevouse Umma e o ano seguinte Nippur. No 2020 adC fixéronse independentes Der e Assur. Durante os anos seguintes as posesións de Ur foron decayendo e o seu poder desvaneceuse. No 2003 adC os elamitas dirixidos polo rei de Simash, ocuparon Ur, o seu monarca Ibisin foi feito prisioneiro e levado a Elam.

No 1998 adC a cidade pasou a mans de Isín. No 1925 adC foi conquistada por Larsa e aínda que Isín conquistouna brevemente no 1895 adC, Larsa recuperouna e mantívoa ata o 1762 adC que pasou a Babilonia. No 1745 adC Rimsin (Rimsin II de Larsa) dominou Ur durante uns anos, pero no 1739 adC Babilonia someteuna outra vez.

Algúns monarcas actualmente coñecidos[editar | editar a fonte]

  • Meskalamdug cara ao 2650 adC
  • Akalamdeg cara ao 2650 adC
  • Puabi cara ao 2600 adC
  • outros reis non coñecidos
  • Mesanepeda cara ao 2475 adC
  • Aannipada cara ao 2460 adC
  • Meskiangnuna cara ao 2450 adC
  • Eludu cara ao 2450 adC
  • Balulu cara ao 2425 adC
  • Annanne
  • Meskiag-Nanna
  • a Umma cara ao 2350 adC
  • a Akkad cara ao 2338 adC
    • Kaku cara ao 2284 adC
    • outros reis descoñecidos
  • independente cara ao 2220 adC
  • reis descoñecidos
  • Elili cara ao 2150 adC
  • en Lagash cara ao 2164 adC
  • en Uruk cara ao 2116 adC
  • independente 2111 adC
  • Urnamu 2111 aC-2094 adC
  • Shulgi (fillo) 2094 aC-2046 adC
  • Amarsuena (Amarsin) 2046 aC-2037 adC
  • Shusin 2037 aC-2028 adC
  • Ibisin (Ibbisin) 2028 aC-2003 adC
  • en Elam 2003-1998 adC
  • en Isin 1998-1925 adC
  • en Larsa 1925-1895 adC
  • en Isin 1895-1894 adC
  • en Larsa 1894-1762 adC
  • en Babilonia 1762-1745 adC
  • Rimsin (Rimsin II de Larsa) 1745-1739 adC
  • en Babilonia 1739 adC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]