Propaganda
A propaganda é unha forma de comunicación consiste no lanzamento dunha serie de mensaxes co fin de influír no sistema de valores e na conduta da cidadanía.
Índice |
Características [editar]
Artéllase a partir dun discurso persuasivo que busca a adhesión das persoas a determinados intereses. É unha comunicación unidireccional, e require do recurso do anuncio. O seu plantexamento consiste en utilizar unha información presentada e difundida masivamente coa intención de apoiar unha determinada opinión ideolóxica ou política. Aínda que a mensaxe conteña información verdadeira, é posible que sexa incompleta, non contrastada e partidista, de forma que non presente un cadro equilibrado da opinión en cuestión, que é contemplada sempre en forma asimétrica, subxectiva e emocional.
O seu uso primario provén do contexto político, referíndose xeralmente aos esforzos patrocinados por gobernos ou partidos para convencer as masas; amais, existe a propaganda como publicidade de empresas privadas.
A propaganda pode ser usada en contextos moi diferentes. A propaganda relixiosa foi moi difundida ao longo da historia, como cando san Paulo exerceu o apostolado do cristianismo e estableceu as primeiras igrexas cristiás en Asia Menor, Grecia e Italia. Algúns libros, mesmo novelas, tamén foron utilizados como vehículo para a propaganda, como As viaxes de Gulliver (Jonathan Swift, 1726), que atacou a vaidade e hipocrisía da política do seu tempo, ou A cabana do tío Tom (Harriet Beecher Stowe, 1852), que ao describir a escravitude nos estados sureños dos Estados Unidos contribuíu ao desenvolvemento do movemento abolicionista.
A coñecida como propaganda branca busca crear unha opinión favorable sobre unha organización, grupo ou goberno específico, como a difundida polo goberno nazi na década de 1930 para destacar a supremacía e a prosperidade do seu país. A propaganda negra intenta fomentar a intranquilidade e a superstición con respecto ás accións ou intencións doutra entidade, como a difundida durante a Guerra fría.
Os avances tecnolóxicos dos medios de comunicación, especialmente os electrónicos, están ampliando as canles de propaganda.
Etimoloxía [editar]
Propaganda procede do latín propagare ('perpetuar, acrecentar, estender'). O termo comezou a ser usado pola curia romana, e continuou durante a Contrarreforma, onde a igrexa usaba a expresión de propaganda fide, con intención pastoral.
En inglés, "propaganda" ten connotacións negativas.